COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

28 de noviembre de 2011

Concerto Mamá Cabra

Hoxe fumos de concerto.
No noso cole actuou Mamá Cabra, non sabíamos o que era, pero pasamolo moi ben. Aquí podedes ver un video coa súa actuación e as nosas caras.

25 de noviembre de 2011

21 de noviembre de 2011

PRIMEIRO LIBRO VIAXEIRO


Preséntovos o noso primeiro libro viaxeiro "OS NOSOS NOMES".
Neste libro vades a atopar Fotos e Nomes da nosa clase. Que hai que facer? Ler os nomes e buscar as tarxetas e fotos, e colocalas no lugar axeitado. Vai ir pasando por cada unha das vosas casas, por iso é preciso coidalo.
Esperamos que vos guste.
.

18 de noviembre de 2011

KEITH HARING I

Xa sabedes que estamos a traballar sobre KEITH HARING, todos aportastedes moita información e agora tócanos ensinarvos algunha das cousas que fixemos.
Por exemplo, bailamos como as persoas das súas pinturas ...

CONTACONTOS

BOAS, non damos feito, con tanto acontecemento, hoxe tivemos un contacontos e veu visitarnos Oliver, un elefante, que ainda que ten unhas orellas moi grandes non oe ben, e ten que usar un audífono. Sabes o que é? Nós sí, explicaronnolo moi ben.

12 de noviembre de 2011

ANIVERSARIO DE MARTÍN E MAGOSTO

Hoxe doble festa, por un lado celebramos o aniversario de Martín, que xa ten 3 anos!!!!
FELICIDADES MARTÍN
 
 


E por outra banda, tivemos a nosa festa de magosto, mirade que ben o pasamos.

8 de noviembre de 2011

FROITOS DO OUTONO

Hoxe estivemos degustando diferentes froitos do outono.... e comimos de todos:
mazás, peras, uvas, laranxas, mandarinas, clementinas, kakis, marmelo, freixoas, granada, avelas, castañas, noces,...