COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

27 de abril de 2012

Estamos na blog da Biblioteca

Podedes vernos tamén nunha foto que colgaron na blog da biblioteca, tedes o enlace onde están as blogs do noso cole e por se non a atopades, a dirección é http://bibliosigueiro.blogspot.com

24 de abril de 2012

O día despois... do día do libro

Nica prometeu e cumpliu....
Hoxe cando chegamos ao cole estaban todas as botellas cos seus contos correspondentes, e hoxe escoitamos dous dos que non coñecíamos.

As eirugas cambian de pel

Cando chegamos o luns á aula, encontrámonos con algo estraño,..... parece que algunhas eirugas perderon o seu traxe, pero non, todos tiñan a pel.
Recordamos o que limos nalgúns libros, era que as eirugas mudan de pel 3 veces na súa vida, é normal co que están medrando a súa pel quedalle pequena.
Posted by Picasa

23 de abril de 2012

Día do Libro: 23 de abril

Hoxe celebramos o día do libro. Recibimos unha mensaxe moi intrigante:
Tíñamos que buscar botellas adornadas e adiviñar de que conto se trataba.... un pouco difícil, pero atopamos todas as botellas:














O certo e que non adiviñamos todos os títulos, pero pasamolo moi ben intentando facelo. E mañana poderemos comprobar se acertamos e escoitar os contos que non adiviñamos.

18 de abril de 2012

Hoxe xogamos nun novo recuncho

Hoxe comezamos a xogar nun novo recuncho: XOGOS DE MESA, no que aprenderán a divertirse con diferentes xogos: dominó, cartas, xogos de composición,...
Seguro que nos divertimos.

16 de abril de 2012

Moitas follas

Temos moitísimas follas, esta vez foron as familias de Yago G. Cotón, Brandán,, Fátima, Martín,... trouxeronnos un montón de comida para as nosas eirugas.

13 de abril de 2012

Feliz aniversario! LUCAS FERNÁNDEZ




O día 1 de abril, Lucas Fernández cumpriu 4 anos. Celebrámolo na aula este venres, aquí podedes ver algúns momentos da festa.

Feliz Cumple!!!



10 de abril de 2012

Grazas

Moitas grazas ás familias de Brandán, Alba, Martín e Uxía Fuentes pola follas de moreira, polo temos temos suficientes para toda a semana.

9 de abril de 2012

As eirugas seguen medrando

 Xa están rematando as vacacións, mañana temos que volver e poderedes comprobar canto medraron as nosas eirugas. Pero para aqueles que non teñen paciencia colgarei unha foto para que o vexades.
CANDO NACERON
ANTES DA SEMANA SANTA
AGORA

AGORA SI QUE PRECISAMOS MOITAS FOLLAS DE MOREIRA, TEMOS QUE ALIMENTALAS MOI BEN.