COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

22 de febrero de 2013

Máis información sobre as QUENLLAS

Ao longo desta semana os rapaces e rapazas da aula foron traendo diferente material para seguir investigando sobre os tiburóns.
 TEO ensínanos dous libros, un que ten unhas imaxes superchulas de diferentes tiburóns e outro no que nos explica moitas curiosidades deles; tamén nos trouxo a letra dunha canción que podedes escoitar a continuación:

ALBA trouxo un  montón de información, xa veredes canto  imos a aprender.

 BIANCA tamén trouxo un libro que nos fala dos tiburóns.
 UXÍA García envíounos uns contos de tiburóns por correo electrónico, que logo trouxo, e tamén unhas imaxes moi chulas de diferentes tipos de tiburóns coa súa explicación. 
 YAGO traballou moitísimo, debeu aproveitar moi ben esos días que estivo maliño, pois se sabía moi ben todo o que neste traballo esta escrito, nas fotos non se ve moi ben pero mostra un gran traballo.

 UXÍA Fuentes tamén traballou moito pois móstranos as partes do tiburón que pouco a pouco aprenderemos, pois unha das cousas que a estes nenos/as lles gustaría saber é como é o corpo dos tiburóns.
 MARTÍN mostra moi contento un pequeno tiburón azul que MOVE a cola (Aleta caudal, que xa temos que ir aprendendo conceptos jijijij)
 BRANDÁN ademáis do que nos trouxera a semana pasada, trouxo un libro moi interesante que nos mostra como é o corpo do tiburón por DENTRO.

Con esto temos moita información e moitísimas cousas que aprender, non vós parece?
GRACIAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN

No hay comentarios: