COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

24 de abril de 2013

Saída: Galería Sargadelos XIII Campaña de Animación á lectura







Hoxe visitamo a Galería Sargadelos en Santiago de Compostela para acudir á XIII Campaña de Animación á lectura. Esta ano chámase: "Unha bandada de contos" por iso na exposición había moitos contos que teñen que ver cos paxaros.

Contaronnos varios contos:
- Bandada

 - No bosque
 

- Niños












- A galiña roxa













E tamén nos falaron sobre Rosalía de Castro.

Se queredes saber algo máis sobre a exposición podedes ver aquí, ou na páxina de Kalandraka.
Despois da visita achegamonos á praza da Quintana para recuperar forzas, despois unha carreira. E para o cole.
Foi unha xornada divertida e na que aprendimos moito.
Podedes ver máis fotos da visita aquí.



23 de abril de 2013

Día do Libro: Os compañeiros de 6ºA cóntannos. "Unha parella diferente"


Hoxe para celebrar o día do libro viñeron os compañeiros de 6º A a contarnos un conto "Unha parella diferente".





Un conto moi bonito que fala dun crocodilo e unha xirafa que son parella eainda que son diferentes xuntos poden facer moitas cousas.
Ademais de contarnos o conto regaláronnos uns marcapáxinas coa forma dos protagonistas co conto.

Estamos felices porque é a segunda vez que veñen á nosa clase, así que xa estamos argallando o que podemos facer para que lles podamos dar unha sorpresa.
MOITAS GRACIAS COMPAÑEIROS.


11 de abril de 2013

CONTACONTOS: Kalandraka

Hoxe tamén veu á noso cole PATRI e ALEX a contarnos uns contos.
 Contaronnos:
"Os petos de Loreto"

"O gato e o balón"

Dous contos que nos gustaron moítisimo. Xa estamos desexando que volten a contarnos máis.


A aula chea de tiburóns

Hoxe estivemos a facer tiburóns de plastilina. Cada neno/a fixo o seu e eles soiños. Había de todo tiburón serra, tiburón balea, tiburón martelo,...




 Máis tiburóns aquí.




10 de abril de 2013

Teo ensínanos ovos

Hoxe Teo trouxo 4 tipos de ovos de páxaros que vimos, tocamos e olimos.





Explícounos que eran de AVESTRUZ, PARRULO, GALIÑA E CODORNIZ.
E ademais regalounos un ovo a cada un. E trouxo un conto de ovos, que o venres contaremos.


COMO TRABALLA ESTA FAMILIA. MOITAS GRACIAS POLA VOSA APORTACIÓN.

9 de abril de 2013

Ovos de Pascua

Xa tedes na casa os ovos de pascua que pintaton os nosos/as nenos/as.
Primeiro, pintamos dunha soa co todo o ovo, cada un escolleu a que máis lle gustaba.


 O segundo paso foi adornalo, cada un fixo como quixo, con puntos, con raias, con caras....














 E por último, gardamos o ovo para levalo para casa.



 
A ver canto duran!!!!!!