COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

24 de junio de 2013

O NOSO BAILE

Xa subiron a youtube o noso baile, así podemos ver o ben que o fixemos:


SODES MOI BOS BAILARÍNS!!

21 de junio de 2013

Festival de fin de curso

Despois de moitos ensaios, hoxe foi por fin o festival de fin de curso, estabamos un pouco intranquilos: choveu pola noite estaba todo mollado, e tíñamos que tirarnos no chan, así que ensaimos un final alternativo... pero ao final despois de pedir o sol con todas as nosas forzas, saiu, fixemos o baile e velaí tedes o resultado.....




Se queres ver máis fotos da xornada fai click aquí.
O luns teremos unha sorpresa no blog, non te esquezas de miralo.

Obxectivo cumprido

Todos tedes na vosa casa o traballo desde curso, fixemos moitas cousas algunhas costaronnos un pouco pero o resultado foi satisfatorio.

DISFRUTADE DAS VACACIÓNS 
VIDE CON MOITAS GANAS.
Espérovos en setembro!!!

Aniversarios do verán

Tamén celebramos na aula, os cumples de todos/as os que estamos de aniversario no verán: XABI, LARA, IVÁN, DESI, MATEO, MARY, NELLY E MARISA.

Foi un pouco extraño porque ninguén estaba de cumpre pero ainda así sopramos unha vela.
Fixemos a tarta e despois soplamos.






Pásamolo moi ben con tanta festa, agora temos que esperar a cambiar a nosa foto cando chegue o vindeiro curso.

20 de junio de 2013

Aniversario de Ibtissam

Hoxe día 20 de xuño foi o aniversario de IBTISSAM, e celebramolo na aula coma sempre. Facendo a tarta:

E despois soplando esas 5 velas que sempre lle poñemos e por se non queda claro tamén o número 5.
Xa quedan cada vez menos nenos/as con 4 anos. Ibtissam cambia a súa foto
FELIZ ANIVERSARIO IBTISSAM
XA TES 5 ANOS!!!!

14 de junio de 2013

VISITA: nai de Ibtissam veu contar O frautista de Hamelin

Hoxe veunos visitar FÁTIMA, a nai de Ibtissam, para contarnos O FRAUTISTA DE HAMELÍN. O derradeiro conto clásico, e xa rematamos o noso proxecto de todo o curso.
Escoitamos con moita atención o conto, porque sabemos que soe falar en árabe.
Así que aproveitamos para preguntarlle como se din algunhas palabras, recordamos que nós falamos en moitos idiomas. castelán, galego e inglés, preguntamos por algunhas cores, números, saúdos,... Na clase tamén temos outra nai que fala árabe, a nai de Yassin.
Despois do conto fixemos a foto de grupo e tamén Itissam repartiu uns globos e uns zumos para tomar coa merenda.


MOITAS GRACIAS FAMILIA DE IBTISSAM POLA VISITA.
PARA O VINDEIRO CURSO QUEREMOS MÁIS VISITAS DE TODAS AS FAMILIAS.

12 de junio de 2013

Visita a Marcelle

Hoxe fou un día moi longo de actividade do cole, pois ainda que case non estivemos chegamos á casa máis tarde das 18:00. Estivemos todo o día de excursión visitando Marcelle.

Se facedes click na imaxe podedes ver a páxina do parque.


Pero tamén podedes ver fotos da xornada aqui.

11 de junio de 2013

Visita: nai de Marta a contar Os músicos de Bremen

Xa cada día queda menos, pero ainda quedan algunhas familias por visitarnos. Hoxe veu CLARA a mama de Marta a contar: Os músicos de Bremen.
 Este era un dos contos que coñecíamos, pero como era de esperar gustounos moito.
 E sabedes que..... compartiron con nós as moedas do tesouro que querían roubar os ladróns do conto.


Moitas gracias por facer o esforzo de visitarnos.
Gracias familia de Marta.

6 de junio de 2013

5 de junio de 2013

INVENTO: as pegatinas

Fátima explicou como apareceron as primeiras pegatinas, e ensinounos a facer actividades con elas moi divertidas.

4 de junio de 2013

3 de junio de 2013

INVENTO: Plastilina

Hoxe descubrín que se me poño enferma xa teño a sustituta perfecta.
Marta foi a encargada de explicar como se inventou a plastilina.

1 de junio de 2013

INVENTO: O futbolín

Martín foi o encargado de falarnos do futbolín, outro invento español, pero esta vez galego.