COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

31 de octubre de 2013

Samaín e Magosto (2ª Parte)

Despois de celebrar un pouco o samaín chegou a queda das castañas, preparámonos todos cos envases para ir a buscalas.
E chegou o momento de disfrutar, cantando, comendo, xogando,...

Este ano organizaronse xogos populares de colaboración cos que disfrutamos moito.

30 de octubre de 2013

Samaín e Magosto

Hoxe no cole celebramos dúas festividades por un lado o Samaín e por outro o Magosto.
Esta semana algúns nenos/as trouxeron da casa unhas cabazas decoradas co tema da Biblioteca de este ano: Científicos e Inventores. Moitos de vós trouxéstedes cabazas relacionadas co invento que explicástedes o curso pasado, e estivo xenial:
















Tamén visitamos as feitas polos compañeiros/as:
















Pero tamén nos debuxamos cun disfraz de medo:



29 de octubre de 2013

A FAMILIA C de.... Teo

Hoxe, por fin veu Laura, despois de algúns días NOS non podíamos, e despois de facerse esperar chegou a nai de Teo para explicarnos como era a súa familia.
Tiñamos un montón de preguntas, así que Laura atendeunas con moita paciencia. Vimos que había nalgunhas cousas que se parecen a nós, pero noutras non. Sabíades que a Teo lle gustaba ver documentais???
E.... como nos explicou tan ben a familia de Teo decidimos darlle un diploma.
MOITAS GRACIAS POR ABRIRNOS UNHA VENTÁ CARA Á VOSA FAMILIA.

28 de octubre de 2013

A FAMILIA C de.... LUCAS

Hoxe visitounos Sandra, a nai de Lucas, para presentarnos a súa familia.
Lucas estaba  moi atento para axudar á súa nai en cada momento, cando o precisase.
Amosounos moitos aspectos da súa familia, e como Sandra o fixo tan ben, decidimos darlle un diploma.
GRACIAS POR COMPARTIR A VOSA FAMILIA CON NÓS.

17 de octubre de 2013

Un Lío de cordones

Como todos os día, hoxe limos un conto, pero o de hoxe foi un conto especial:

Todos/as nós estamos un pouco cansos dos zapatos de cordóns, igualiño que Laura.
Algúns xa sabemos atalos, aínda que temos que mellorar a técnica e outros queremos aprender.
 
Así que hoxe uns poucos comezamos a facer lazadas, e para a semana tocará aos demais. 
Seguimos as indicacións que hai no final do conto. É un pouco complicado pero con paciencia aprenderemos.




 Para a semana ensinaremos os lazos dos demais compañeiros/as.

16 de octubre de 2013

A FAMILIA C

Xa algúns das nosas familias está a preparar a súa versión do conto 

Estamos desexando coñecer o voso traballo. A vindeira semana estrearémonos...
QUE GANAS!!!

SORPRESA!!!

Hoxe Xiana trouxonos unha sorpresa. O día anterior preguntou se podía traelo.
Así que hoxe trouxo un.......

UN NIÑO

Estivemos observando de que esta feito, e como debería ser o paxaro que o fixo, pero só puidemos facer conxecturas, xa que ninguén nos podía responder, necesitamos un experto en paxaros ou polo menos en niños. Se alguén pode decirnos algo máis, agradeceríamolo.

Tamén nos acordamos dun conto, que nos contou Patri cando fumos á galería Sargadelos: NIÑOS


Pero non nos axudou a responder as nosas inquedanzas.

Tapóns de plástico (II)

Moitas gracias pola vosa colaboración, xa temos un montón de tapóns. Hoxe estivemos vendo como os hai de diferentes tamaños, cores, formas, ...

E despois chegou o momento de clasificalos, pero atendendo a que criterio. Así que, achegámonos ás caixas nas que os/as nosos/as compañeiros/as xa o fixeron. E nada máis chegas vimos que o criterio para clasificar era a COR. Así que nos puxemos mans á obra.



 Todos participamos, tiñamos moitos tapóns, e máis que irán chegando.....







Polo de agora só clasificamos, pero manterémosvos informados....