COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

29 de mayo de 2014

Familia C de... Marta

Fíxose esperar pero por fin a Familia de Marta veu a contarnos o seu conto. Aproveitaron que hoxe era festivo en Santiago para achegarse.
Falaronnos sobre Marta, o que lle gusta e o que non lle gusta, vimos moitas fotos máis pequena pero xa se parecía á nena que temos agora na clase.
E como estivemos moi atentos esta vez xa non fixemos tantas preguntas, e despois cantamos a nosa canción.
Como o fixeron tan ben... Marta deulles o noso diploma.
Por último, colocámonos para unha gran foto de grupo, para que nos quede de recordo deste día.
Moitas gracias CLARA e MANUEL por facer este esforzo, e amosarnos un pouco máis da vosa familia, a familia de MARTA.

Xa nos queda só tres familias, a ver se podedes vir, xa sabedes que nos gustaría moito e xa non queda nada.

26 de mayo de 2014

Aniversario de Fátima

Hoxe tocou celebrar o cumple de Fátima, trouxo uns ingredientes fantásticos para preparar unha torta riquísima, da que os seus invitados non deixaron nada de nada.

 Despois de elaborar a torta cantamos todas as nosas cancións de Aniversario, e xa sopramos as velas.
Todos se sumaron a esta celebración.
PARABENS FÁTIMA,
XA TES 6 ANOS!!!!


18 de mayo de 2014

A revista do cole: "OROSO ESCOLAR"

A semana pasada comenzamos a levar a revista "OROSO ESCOLAR" que este ano fixo o cole. E pouco a pouco, todos os nenos/as levarán a revista para poder lela na casa, pero se queredes ir lela antes podedelo facer aquí, fai click na imaxe:

16 de mayo de 2014

Día das letras Galegas

Hoxe no cole celebramos o día das Letras Galegas, asistindo a unha obra de teatro protagonizada polos compañeiros/as de 5º D de Primaria: "A residencia da Ciencia"
Onde conviven moitos cienfícicos famosos: Einstein, Newton, Curie, Marconi,...que foron explicando os seus descubrimentos.


Ao rematar, regalaronnos unha bolsa coa frase
 "A ciencia é unha bolsa chea de saberes e sabores"
 ummm que rico!!!
Moitas gracias por invitarnos.

Aniversario de Alba Coello

Hoxe está de aniversario ALBA COELLO, e trouxo unha tarta para celebralo con nós.
Para preparala trouxo: natillas de ovo e de chocolate, nata, e lacasitos. Podedes ver nas fotos como a foi preparando:

Cando estivo rematada tocou soprar as candeas, primeiro ela soa.
E despois todos xuntos
PARABENS ALBA, XA TES 6 ANOS!!!


15 de mayo de 2014

Familia C de... DANIEL

Hoxe viñeron a visitarnos ANA e SUSO, os pais de DANI, para falarnos da súa familia.

Faláronnos do que soe facer Dani cando non está na escola, de que lle gusta moitísimo ir a Asturias, xogar ao fútbol, de que na súa casa non para quieto,...

Deste xeito xa coñecemos un pouco mellor a familia de Dani e ao noso compañeiro.

Chegou o momento das preguntas (está vez esqueceronse de facer unha que sempre facían, non lle preguntaron a edad) cal é a comida preferida, a dónde lle gusta pasar as vacacións, en que número viven, cal é o seu mellor amigo, onde traballan os pais,.... E a todas responderon.

Cántamoslles a nosa canción e por suposto, recibiron o nos diploma por facelo tan ben.
Moitas gracias familia por ensinarnos a vosa familia.

13 de mayo de 2014

Retomamos o TANGRAM

O curso pasado estivemos traballando sobre o TANGRAM, un xogo chino moi antigo, que consiste en formar siluetas de figuras con 7 pezas.
Pois ben este curso temos que rematar o proxecto iniciado entonces.





E parece que non se nos esqueceu moito...
Tedes un xogo para poder retomar este xogo tan divertido que nos fai pensar aqui.

10 de mayo de 2014

ESPAZO VERDE

No pasillo de infantil temos o noso museo particular, chámase ESPAZO VERDE e estades todos invitados a visitalo:
É o noso museo particular, no que poderedes atopar as obras de arte que fixemos nas aulas para festexar o día do libro.

E ao final da visita atoparedes un libro, pero non é un libro para ler, senón para escribir.

Chámase LIBRO DE VISITAS e esperamos que anotedes o que sentides ao visitar o noso museo.
ESPERAMOS QUE VEÑADES!!!!

9 de mayo de 2014

III Festa da Troita

Coincidindo coa festa da Troita de Sigüeiro este venres celebramos no cole a nosa festa da Troita particular. A aula de cociñeiros/as do cole encargouse de facer as troitas , as aulas de 4 anos participaron nun concurso de debuxo de troitas, e a gañadora foi a elexida para facer os pins e aparecia no cartel, e nós fixemos a pancarta, e as ganas de disfrutar.



Primeiro fomos de picnic para saborear as troitas e as patacas cocidas, mentes tanto estivo amenizado por pandereteiras e unha gaiteira (compañeiras de 6º de Primaria e algunhas mestras).





 Despois preparámonos para unha carreira arredor do cole:
 
Na que participaron todos os nenos e nenas de infantil, e na que gañou
 Daniel Couselo Gómez da nosa clase.

 E despois da competición outra vez a bailar, foi moi divertido e case todos probaron as troitas.
Disfrutamos moito de esta festa tan especial, agora agardamos a ver que é o que pasa no vindeiro curso.
Moitas gracias a todos os que fixestedes posible esta festa especial.