COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

27 de febrero de 2014

Os antefaces de Sigüeiro

Hoxe os nenos/as de 5 anos levaron para casa os antefaces que estivemos facendo esta semana. E así os fixemos na nosa aula:
Primeiro escollimos a cor, picamos e adornamos.






 Cada un foi escollendo con que quería adornarlos.
  E así nos quedaron:




Ahora imos ver un a un. Sabedes quen e cada quen????

4º Mandado

O XOVES PODERÁS TRAER UN DISFRAZ
QUE CHE VAIA BEN.

E hoxe todos cumpriron, e viñan espectaculares!!!




Todos/as guapísimos/as.



26 de febrero de 2014

3º Mandado

Hoxe tocou engadir un acesorio máis: a PERRUCA.

O MÉRCORES TOCA DIVERSIÓN, ASÍ QUE
UNHA PERRUCA PON!




25 de febrero de 2014

2º Mandado

O MARTES ELEGANTE HAI QUE ESTAR
POLO TANTO UNHA GARABATA VESTIRÁS.



Aquí podedesnos ver un a un, máis cerca...


24 de febrero de 2014

1º Mandado

O LUNS AO COLE VIRÁS
PERO A CARA PINTADA TRAERÁS.

(Perdoade a tardanza pero tiven un pequeno problema técnico, esta semana eu máis os ordenadores non nos levamos moi ben)



Mandados de Antroido

Esta semana quentamos motores para o venres e celebrar o Antroido.

O LUNS AO COLE VIRÁS
PERO A CARA PINTADA TRAERÁS

O MARTES ELEGANTE HAI QUE ESTAR
POLO TANTO UNHA GARABATA VESTIRÁS.

O MÉRCORES TOCA DIVERSIÓN, ASÍ QUE
UNHA PERRUCA PON!

O XOVES PODERÁS TRAER UN DISFRAZ
QUE CHE VAIA BEN.

E O VENRES PARA REMATAR
O DISFRAZ PARA PASEAR (CIENTÍFICOS).

E para animarnos máis, podemos escoitar esta canción:

14 de febrero de 2014

Instrucións para facer o disfrace

O día 28 de febreiro faremos como o ano pasado: un pasarrúas por Sigüeiro, que sairá dende o cole, con todos os/as nenos/as disfrazados. 
Todo 6º de Educación Infantil iremos de CIENTÍFICOS/AS
Para elaborar o disfrace xa tedes na casa os materiais e ademais podedes seguir as instrucións que tedes no seguinte vídeo que elaboramos:
Se tedes algunha dúbida podedes comentalas aquí. Tedes tempo para facelo, xa que ata o día 28 non hai que traelo ao cole.

12 de febrero de 2014

Os planos na aula

Ao longo de varias semanas estivemos traballando con diferentes tipos de planos, onde aprendimos como se representan as portas, as ventanas, as paredes, e os obxectos que hai en cada estancia. Fixemos a representación da aula e logo cada un debuxou o plano do piso, duplex ou casa na que viven.
Pero a semana pasada veu á aula, Óscar, o pai de Teo, para falarnos dos planos.
Amosounos os verdadeiros planos, e como se facían fai anos (con regra, escuadra, cartabón, compás e escalímetro, que tivemos ocasión de tocar)


E como se fan os planos agora. El utiliza un programa que se chama AUTOCAD e entre todos fixemos o plano dun salón.

Tamén nos regalou unhas pinturas e deixou na aula uns folios para facer neles planos. Como o día anterior estiveramos escribindo o que cada un ten no seu salón...


 O martes debuxamos os planos, quedaron xenial!!!



 Este é un exemplo do resultado....




11 de febrero de 2014

Saímos na TVG en Bos Días

O venres estiveron no cole, un cámara e unha periodista da rtvg, e hoxe saímos no telexornal da mañá e en Bos días:

10 de febrero de 2014

6º ANIVERSARIO DE DANI

Este sábado DANI cumpriu 6 anos, é o primeiro da clase en cumprilos, así que estrenou o noso cartel:
Fixo unha tarta moi rica con natillas, nata e péxego.

 Apagou as candeas, e tamén tivemos a ocasión de axudarlle todos.

FELIZ ANIVERSARIO DANI!!!!
XA TES 6 ANOS

Mama Cabra na TVG no programa A REVISTA

Hoxe na RTVG saíu no programa A REVISTA algo do concerto que MAMA CABRA deu para nós no cole, no que o pasamos tan ben. Aquí tedes o anaquiño que saíu.


5 de febrero de 2014

A Familia C de ... ALBA COELLO

Hoxe viñeron os pais de Alba Coello, EDUARDO e MAR, para falarnos da súa familia, entre os 3 fixeron o conto, Pero que nolo contou foi Alba que o leu moi ben.

Enterámonos de moitos aspectos da vida de Alba, pero o que máis nos chamou a atención é o que lle gusta ir a Ourense, aunque tamén o atendemos. E a súa comida preferida é a pizza, como a de outros moitos, verdade?
Tocou a quenda de preguntas, algunhas un pouco indiscretas, pero é que somos así. Entregámoslle o diploma e cantamos a canción.
Pasámolo moi ben, xa coñecemos outra familia máis. E ademais nunca viñerán á nosa aula.

MOITAS GRACIAS FAMILIA COELLO FONTÁN, POR VIR Á AULA E AMOSARNOS O QUE FACEDES XUNTOS.