COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

8 de abril de 2014

Que estaremos facendo?

Levamos varios días traballando moitísimo...´
Por un lado, pintando un cadro....

E por outro,...

 

 QUE ESTAREMOS FACENDO?
Só damos unha pista: ten que ver cos cadros.

7 de abril de 2014

Taller de Igualdade

Como o curso pasado, este ano dende a Mancomunidade de Ordes, veu Cruz a falarnos sobre IGUALDADE.
Esta vez vai estar con nós 3 días. E hoxe foi o primeiro.
Antes de empezar a falar, estivemos debuxando como eran para nós as princesas.

Despois sentamos na alfombra e falamos sobre como son as que nós coñecemos, que facían, que roupa usaban, onde vivían,...

E Cruz contounos un conto moi divertido: "Unha princesa diferente" á que lle gustaba subir ás árbores, acampar, montar en moto, e non precisaba de ningún príncipe, porque non estaba en perigo. E estivemos debuxando e explicando como podería ser esa princesa
Voltamos á alfombra e cada un explicou o que debuxou, eque farían...
Deixounos un traballo para o vindeiro xoves, que xa todos tedes na casa....
De que nos falará esta vez?

4 de abril de 2014

O Antroido move o corpo, vs. 5 anos B

Gracias por valorar o noso traballo, como vexo que tivo tanto éxito a nosa versión de "Happy", voume a animar a poñer outro video, pero neste non estabamos a versionar o orixinal, só se trataba de recoller o ben que o pasamos bailando unha canción que nos gustou dende a primeira ver que a escoitamos.

2 de abril de 2014

SEPRONA visita Sigüeiro

Hoxe dous traballadores de SEPRONA viñeron ao cole. Estiveron contando o que facía e amosaronnolo con un par de vídeos que estivemos vendo e escoitando moi atentos.
E despois veu o máis divertido, marchamos a ver a moto e montar no seu coche.
Podedes ver máis fotos do que aconteceu se facedes click aquí, e na insignia de SEPRONA tedes información.

CASE 30.000

FALTA MOI POUQUIÑO PARA TER 30.000 VISITAS.
MOITAS GRACIAS, POR FACER QUE ESTE BLOG SEXA DE TODOS NÓS.
SENON FOSE POLAS VOSAS VISITAS E COMENTARIOS NON TERÍA NINGÚN SENTIDO.

HAPPY

Esta semana estivemos argallando algo moi divertido...
E quedou así:


Esperamos que disfrutedes coma nós cando o fixemos.

31 de marzo de 2014

A familia C de... ALBA H.

Hoxe viñeron a visitarnos a familia de ALBA H. e veu a súa nai, Ana, a súa madriña, BIBI, e o curmá pequeno, ANXO; e todos xuntos axudaron a Alba a contar o conto da súa familia.
Estabamos moi atentos para non perder nada. E así despois facer algunhas preguntas.
Como o fixeron tan ben, Alba entregou o noso diploma.
Espero que disfrutarades deste día, porque a nós agradounos moito a vosa visita.
MOITAS GRACIAS POR VISITARNOS E PRESENTARNOS A VOSA FAMILIA H.
FIXESTEDELO MOI BEN!!!

O que plantamos...

Imaxino que moitos de vós xa observástedes que sairon moitos dos Tulipáns que plantamos.

28 de marzo de 2014

27 de marzo de 2014

BINGO!!!

Pois si, hoxe estivemos xogando ao Bingo na clase. A nosa primeira partida de Bingo todos xuntos.

E foi moi divertido.
En xeral temos algúns problemas cos números, pero neste caso como estaban en xogo dous premios uns e outros intentaban esforzarse para entender como se escribe cada número.
Finalmente os gañadores foron: Martín , por cantar "liña" e Lucas, por cantar "Bingo"

Paraben aos Gañadores, pero haberá máis porque seguiremos xogando algunha partida.

26 de marzo de 2014

Que teñen en común?

Ademais de traballar sobre SIGÜEIRO, neste inicio do 3º trimestre, imos preparar algo especial para a volta das vacacións de semana santa. 
Imos a preparalo pouco a pouco, a ver se nos podedes axudar... só tedes que averigüar que teñen en común os cadros que aparecen a continuación:



Aniversario de Uxía F.

Hoxe é o aniversario de Uxía F. E para celebralo trouxo un biscoito dividido en dúas partes que axiña se puxo a preparar, con chocolate, fresas e nata.

Tiña moi boa pinta,a que si? pois estaba delicioso, e acabouse todo nun "pis pas".

Colocámonos coma sempre para facer a foto e xa preparados para axudar a Uxía a soprar a vela.

PARABENS UXÍA!
XA TES 6 ANOS!!!

24 de marzo de 2014

Aniversario de Xiana

Onte estivo de aniversario Xiana, e hoxe celebrámolo na clase. Como xa sabedes, Xiana non pode comer as tartas que nos facemos na aula, así que a súa madriña preparou unha que si podía comer e que ademais traía sorpresa.

E como sempre facemos, adornouna con nata e piña. Estaba boísima.
E despois de cantar todo o repertorio de cancións que coñecemos para celebrar o cumple, fixemos unha foto todos xuntos.
PARABENS XIANA!
XA TES 6 ANOS.

22 de marzo de 2014

Aniversario de Alba H.

Hoxe, sábado 22, ALBA H. celebra o seu 6º aniversario. E onte celebrámolo na clase todos xuntos.
Preparou a súa tarta con sirope de chocolate e fresas:
                                                                 Ummmm que boa pinta!!!
Todos xuntos nos colocamos para soprar as velas.

FELIZ ANIVERSARIO ALBA H. 
XA TES 6 ANOS!!!