COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

31 de marzo de 2014

A familia C de... ALBA H.

Hoxe viñeron a visitarnos a familia de ALBA H. e veu a súa nai, Ana, a súa madriña, BIBI, e o curmá pequeno, ANXO; e todos xuntos axudaron a Alba a contar o conto da súa familia.
Estabamos moi atentos para non perder nada. E así despois facer algunhas preguntas.
Como o fixeron tan ben, Alba entregou o noso diploma.
Espero que disfrutarades deste día, porque a nós agradounos moito a vosa visita.
MOITAS GRACIAS POR VISITARNOS E PRESENTARNOS A VOSA FAMILIA H.
FIXESTEDELO MOI BEN!!!

O que plantamos...

Imaxino que moitos de vós xa observástedes que sairon moitos dos Tulipáns que plantamos.

27 de marzo de 2014

BINGO!!!

Pois si, hoxe estivemos xogando ao Bingo na clase. A nosa primeira partida de Bingo todos xuntos.

E foi moi divertido.
En xeral temos algúns problemas cos números, pero neste caso como estaban en xogo dous premios uns e outros intentaban esforzarse para entender como se escribe cada número.
Finalmente os gañadores foron: Martín , por cantar "liña" e Lucas, por cantar "Bingo"

Paraben aos Gañadores, pero haberá máis porque seguiremos xogando algunha partida.

26 de marzo de 2014

Que teñen en común?

Ademais de traballar sobre SIGÜEIRO, neste inicio do 3º trimestre, imos preparar algo especial para a volta das vacacións de semana santa. 
Imos a preparalo pouco a pouco, a ver se nos podedes axudar... só tedes que averigüar que teñen en común os cadros que aparecen a continuación:



Aniversario de Uxía F.

Hoxe é o aniversario de Uxía F. E para celebralo trouxo un biscoito dividido en dúas partes que axiña se puxo a preparar, con chocolate, fresas e nata.

Tiña moi boa pinta,a que si? pois estaba delicioso, e acabouse todo nun "pis pas".

Colocámonos coma sempre para facer a foto e xa preparados para axudar a Uxía a soprar a vela.

PARABENS UXÍA!
XA TES 6 ANOS!!!

24 de marzo de 2014

Aniversario de Xiana

Onte estivo de aniversario Xiana, e hoxe celebrámolo na clase. Como xa sabedes, Xiana non pode comer as tartas que nos facemos na aula, así que a súa madriña preparou unha que si podía comer e que ademais traía sorpresa.

E como sempre facemos, adornouna con nata e piña. Estaba boísima.
E despois de cantar todo o repertorio de cancións que coñecemos para celebrar o cumple, fixemos unha foto todos xuntos.
PARABENS XIANA!
XA TES 6 ANOS.

22 de marzo de 2014

Aniversario de Alba H.

Hoxe, sábado 22, ALBA H. celebra o seu 6º aniversario. E onte celebrámolo na clase todos xuntos.
Preparou a súa tarta con sirope de chocolate e fresas:
                                                                 Ummmm que boa pinta!!!
Todos xuntos nos colocamos para soprar as velas.

FELIZ ANIVERSARIO ALBA H. 
XA TES 6 ANOS!!!

17 de marzo de 2014

Familia C de... Anxo

Esta vez foi a quenda da familia de Anxo, Paula e Julián, viñeron ao cole co conto da súa familia moi preparado.

Primeiro Paula e Anxo, nos amosaron como comezou a súa familia e como eran Anxo e máis o seu irmá Julián de bebés. O que lles gusta facer xuntos o que fan despois do cole, e a onde saen cando teñen varios días libres.
Había moitas preguntas que foron constestando para non quedarnos con inquedanzas.
E como xa é habitual tocou o turno da nosa canción, na que hoxe non puxemos moito interese, sería porque levabamos tempo sen cantala. E despois Anxo preparou os diplomas, un para cada un.
E xa para rematar fixemos unha foto todos xuntos.
Moitas gracias familia, gustounos moita a vosa visita e a vosa historia.
Voltade outro día!!!

13 de marzo de 2014

Visita de Patri e Alex

Onte lemos na clase unha carta de alguén que viña hoxe....
Todos/as os que os coñecen acertaron quen era, e hoxe tiñamos moitas ganas de chegar ao cole para escoitalos.

Son Patri e Alex (co seu acordeón), que veñen dunha fábrica de contos (KALANDRA) a contarnos algunhas historias.
A primeira que contaron foi:

Un álbum ilustrado que fala das nais e todo o que poden ser...

A seguinte historia chámase: BOAS NOITES! BUFO
Aquí Patri falounos de moitos animais que non deixaban durmir a bufo, aprendendo asi, a imitar os seus sons e tamén unha canción.


Para a derradeira historia, Patri amosounos una maletal, unha gran maleta, de onde sacou a Max, pero... ¿quen é Max? Pois o protagonista desta historia: Onde viven os mounstruos?

Como este álbum está de aniversario, cumpre 50 anos, trouxo un libro especial que fixeron na súa fábrica
 Escoitamolo caladiños e ao rematar tiña unha sorpresa para nós... na maleta ainda había algo máis...

 OS MONSTRUOS!!!

Pasámolo moi ben, gústanos tanto que nos veñan a contar contos... a ver cando será a vindeira vez?