COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

28 de abril de 2014

A Familia C de... NAIA

A familia Viaxeira, así é como se chama a familia de Naia. Veu a aula o seu avó: JORGE.
Falounos de todos os sitios nos que estivo Naia, e o que máis llle gustaba de cada un. E tamén o que menos lle gustaba...
 Vimos fotos de Naia de cando era pequena e do que fai agora dende que vive en Sigüeiro.
Agora xa forma parte da nosa  familia da aula de 5 anos B, e fixémoslle algunhas preguntas e tamén lle cantamos a nosa canción.

E como Jorge o fixo tan ben, Naia deulle o noso diploma,
 E coma sempre fixemos unha foto de grupo para ter un recordo desta visita que tanto nos gustou.

Moitas gracias familia, por visitarnos e contarnos a voso conto.

24 de abril de 2014

Saída ao MUNCYT

Hoxe saímos á Coruña,a visitar o Museo Nacional da Ciencia e a Tecnoloxía.
Era unha visita ao noso segundo museo, é claro non ten nada que ver co museo do curso pasado (Museo de Belas Artes de A Coruña) cheo de cadros. Esta vez visitamos un museo de Ciencia e Tecnoloxía, onde habia obxectos moi peculiares.
O primeiro que fixemos foi facer algúns experimentos sobre flotabilidade, nos que debíamos formular hipóteses sobre que obxectos florarían e ca les non, e despois comprobámolo. E ACERTAMOS CASE TODOS.


Tamén intentamos facer que a plastilina, que se afundía, flotase con canicas e todo...
 
Vimos o faro que estivo dentro da torre de Hércules, unha pianola, un dos primeiros ordenadores, unha locomotora, como son as películas por dentro,....



 Vimos Coches antigos, un taller para ver como son os aparellos eléctricos por dentro, e Robots que nos falaban...



E ata un avión por fóra e por dentro....




E moitas máis cousas, pero non sabemos dicir que é o que máis nos gustou porque son obxectos que non podemos atopar doadamente.
E por suposto tamén tivemos tempo de merendar.
 Se queres ver máis fotos da visita e algún video fai click aquí.

23 de abril de 2014

Festa do libro e da primavera

Chegamos a aula e habia algo pegado no encerado...

Unha nota que nos invitaba a buscar un cadro determinado onde tiña que haber margaridas. Pero antes de comezar a búsqueda, a clase de 6º E.I. A veu visitarnos, e nós xa estabamos preparados:

 para comezar a regalarlles a papula que fixemos e tamén un conto:


 E despois todos nunha gran roda cantamos a canción da primavera.



Cando rematamos comezamos a buscar polas portas das aulas, tendo en conta as indicación da nota.



A que se refería a nota era:
"O ramo da amizade" de Picasso
Chamamos á porta da aula de 5ª E.I. C e ali estaban esperándonos cunhas fermosas margaridas coas que nos agasallaron.




 Tamén nos regalaron un libro: A galiña Roxa:
Moi interesante no que se cociña pan.
E como nesta aula son todos grandes cociñeir@s tamen probamos a súa e-tapa de hoxe: a "ensaimada"




 Todos tiñamos a nosa flor e a barriga un pouco máis chea

 Aquí estamos diante da súa porta coa nosa margarida feita coas mans dos nenos/as da aula de 5º E.I. C


Pero a festa só estaba comezando. Había unha sorpresa máis despois do recreo....
Cantamos no Salón de Actos a canción de "A PRIMAVERA" con Gloria.


 E despois bailamos no patio:




Foi un día moi especial no que todas as aulas traballaron moito, preparando con moito coidado cadros e flores. E o mellor que e o pasamos fenomenal.
Podedes atopar máis fotos e máis información nos blogs das compañeiras pero sobre todo en:
- Madilón azul
- Eu cociño ti cociñas?