COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

27 de septiembre de 2012

ANIVERSARIO DE SIMÓN

Hoxe celebramos o cumple de Simón, ainda que el está de cumple o 7 de setembro. Pero quería apagar tamén no cole 4 velas.
FELIZ CUMPLE SIMÓN!!!!
 
Se facedes clik na imaxe veredes máis fotos do seu cumple.

21 de septiembre de 2012

ANIVERSARIO DE UXÍA GARCÍA

Boas, hoxe tivemos outro cumple, neste mes temos moitas festas.
Está de cumpre Uxía García, que touxo os ingredientes necesarios para facer unha tarta de aniversario ríquisima: unha base para tarta e unhas natillas de chocolate.
Mirade como a fixemos, se pulsades na foto veredes como....
Ademais comprobaredes que quedou moi  pouca.
 
FELIZ ANIVERSARIO UXÍA!!!

18 de septiembre de 2012

ANIVERSARIO DE TEO E BRANDÁN

Hoxe celebramos o aniversario de Brandán e de Teo, que coincidencia! temos dous compañeiros que naceron o mesmo día, ainda que xa o sabemos dende o ano pasado.
Como están de cumpre a inicios de curso non fixeron eles a tarta, pero trouxeron un bizcoito riquísimo.
Xa veredes que ben o pasamos.....
Probade a facer clic na foto, e veredes algunhas máis desta festa.
FELIZ ANIVERSARIO TEO!!!
FELIZ ANIVERSARIO BRANDÁN!!!!

12 de septiembre de 2012

12 de setembro: 1º día

Durante as vacación aprendín moitas cousas unha delas mostreilla aos nenos/as o primeiro día:
FIXEN MAXÍA!!!!!
Con líquidos de 3 cores creei unhas novas.
Ensinovos como fixen:


Despois eles tamén me axudaron... con plastilina amarela e azul fixeron plastilina verde.

2 de septiembre de 2012

O primeiro día de Mary

O día 2 foi o meu primeiro de clase. Un pouco triste porque non estaban os meus alumnos/as. E ademais estaba de mudanza... tiña que cambiar as nosas cousas para a aula. E só tiña 10 días para ter todo preparado para o primeiro día con nenos/as.
A traballlar que ainda queda moito.....