COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

26 de marzo de 2014

Que teñen en común?

Ademais de traballar sobre SIGÜEIRO, neste inicio do 3º trimestre, imos preparar algo especial para a volta das vacacións de semana santa. 
Imos a preparalo pouco a pouco, a ver se nos podedes axudar... só tedes que averigüar que teñen en común os cadros que aparecen a continuación:



Aniversario de Uxía F.

Hoxe é o aniversario de Uxía F. E para celebralo trouxo un biscoito dividido en dúas partes que axiña se puxo a preparar, con chocolate, fresas e nata.

Tiña moi boa pinta,a que si? pois estaba delicioso, e acabouse todo nun "pis pas".

Colocámonos coma sempre para facer a foto e xa preparados para axudar a Uxía a soprar a vela.

PARABENS UXÍA!
XA TES 6 ANOS!!!

24 de marzo de 2014

Aniversario de Xiana

Onte estivo de aniversario Xiana, e hoxe celebrámolo na clase. Como xa sabedes, Xiana non pode comer as tartas que nos facemos na aula, así que a súa madriña preparou unha que si podía comer e que ademais traía sorpresa.

E como sempre facemos, adornouna con nata e piña. Estaba boísima.
E despois de cantar todo o repertorio de cancións que coñecemos para celebrar o cumple, fixemos unha foto todos xuntos.
PARABENS XIANA!
XA TES 6 ANOS.

22 de marzo de 2014

Aniversario de Alba H.

Hoxe, sábado 22, ALBA H. celebra o seu 6º aniversario. E onte celebrámolo na clase todos xuntos.
Preparou a súa tarta con sirope de chocolate e fresas:
                                                                 Ummmm que boa pinta!!!
Todos xuntos nos colocamos para soprar as velas.

FELIZ ANIVERSARIO ALBA H. 
XA TES 6 ANOS!!!

17 de marzo de 2014

Familia C de... Anxo

Esta vez foi a quenda da familia de Anxo, Paula e Julián, viñeron ao cole co conto da súa familia moi preparado.

Primeiro Paula e Anxo, nos amosaron como comezou a súa familia e como eran Anxo e máis o seu irmá Julián de bebés. O que lles gusta facer xuntos o que fan despois do cole, e a onde saen cando teñen varios días libres.
Había moitas preguntas que foron constestando para non quedarnos con inquedanzas.
E como xa é habitual tocou o turno da nosa canción, na que hoxe non puxemos moito interese, sería porque levabamos tempo sen cantala. E despois Anxo preparou os diplomas, un para cada un.
E xa para rematar fixemos unha foto todos xuntos.
Moitas gracias familia, gustounos moita a vosa visita e a vosa historia.
Voltade outro día!!!

13 de marzo de 2014

Visita de Patri e Alex

Onte lemos na clase unha carta de alguén que viña hoxe....
Todos/as os que os coñecen acertaron quen era, e hoxe tiñamos moitas ganas de chegar ao cole para escoitalos.

Son Patri e Alex (co seu acordeón), que veñen dunha fábrica de contos (KALANDRA) a contarnos algunhas historias.
A primeira que contaron foi:

Un álbum ilustrado que fala das nais e todo o que poden ser...

A seguinte historia chámase: BOAS NOITES! BUFO
Aquí Patri falounos de moitos animais que non deixaban durmir a bufo, aprendendo asi, a imitar os seus sons e tamén unha canción.


Para a derradeira historia, Patri amosounos una maletal, unha gran maleta, de onde sacou a Max, pero... ¿quen é Max? Pois o protagonista desta historia: Onde viven os mounstruos?

Como este álbum está de aniversario, cumpre 50 anos, trouxo un libro especial que fixeron na súa fábrica
 Escoitamolo caladiños e ao rematar tiña unha sorpresa para nós... na maleta ainda había algo máis...

 OS MONSTRUOS!!!

Pasámolo moi ben, gústanos tanto que nos veñan a contar contos... a ver cando será a vindeira vez?



11 de marzo de 2014

Aniversario de ANXO

Hoxe estivo de aniversario Anxo, outro máis que cumpre 6 anos, o tempo vai pasando demasiado rápido....
Fixo unha supertarta con natillas de chocolate e melocotón.

 Que estaba riquísima.
Estabamos todos moi contentos pois xa facía tempo que ningún de nós estaba de aniversario.
PARABENS ANXO, XA TES 6 ANOS!!!

10 de marzo de 2014

Poñendo orde

Xa estamos rematando o proxecto da Casa, así que esta vez estivemos poñenedo orde, primeiro ordenamos os números dos edificios comezando polo número un....

pero así non están os edificos nas rúas... Así que falamos da orde que levan de que para un lado están os impares e para o outro os pares, así que tivemos que colocarnos de novo.
Os pares para un lado...
E os impares para o outro....
Foi doado, pero ainda máis o foi colocarnos a todos nun mesmo edifico e colocar por orde os pisos nos que vivimos. Como temos varios nenos que viven en casas, decidimos que eles poderian vivir en todo o edifico, porque e así coma viven na súa casa.

1 de marzo de 2014

Os científicos de Sigüeiro

O venres o tempo permitiunos saír polas rúas de Sigüeiro para que todos/as poideran ver os nosos disfraces.
Chegamos ao cole cheos de ilusión cos nosos disfraces feitos na casa.
E así estabamos todos/as.
https://plus.google.com/photos/100232653953682385064/albums/5987577190425438753?authkey=CL2esqnY3ZHYFw
Se facedes Click na imaxe poderedes ver todas as fotos que fixemos.
Pasámolo moi ben!!