COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

9 de mayo de 2014

III Festa da Troita

Coincidindo coa festa da Troita de Sigüeiro este venres celebramos no cole a nosa festa da Troita particular. A aula de cociñeiros/as do cole encargouse de facer as troitas , as aulas de 4 anos participaron nun concurso de debuxo de troitas, e a gañadora foi a elexida para facer os pins e aparecia no cartel, e nós fixemos a pancarta, e as ganas de disfrutar.



Primeiro fomos de picnic para saborear as troitas e as patacas cocidas, mentes tanto estivo amenizado por pandereteiras e unha gaiteira (compañeiras de 6º de Primaria e algunhas mestras).





 Despois preparámonos para unha carreira arredor do cole:
 
Na que participaron todos os nenos e nenas de infantil, e na que gañou
 Daniel Couselo Gómez da nosa clase.

 E despois da competición outra vez a bailar, foi moi divertido e case todos probaron as troitas.
Disfrutamos moito de esta festa tan especial, agora agardamos a ver que é o que pasa no vindeiro curso.
Moitas gracias a todos os que fixestedes posible esta festa especial.

7 de mayo de 2014

Plantamos millo, que pasará?

A semana pasada Fátima trouxo unha planta que sementaran na casa, e tamén uns grans pequenos de millo, dos que saen as "palomitas", así que pensamos.... Que tal se as plantamos? E así fixemos...
1º Collemos un vaso de plástico transparente e poñemos o nome con rotulador
2º Metemos dentro varios grans
3º Tapamos os grans con un pouco de algodón
 4º Regamos ata empapar o algodón
5º Poñemos nun lugar con moita luz


Agora a esperar e ver que pasa.

5 de mayo de 2014

Aniversario de Marta e Naia

Despois do mes de abril non que non tivemos ningún aniversario, chegou maio e xa no primeiro día de clase destem es, celebramos dous aniversarios, o de NAIA, que o cumpriu o sábado,

e o de MARTA, que está hoxe mesmo.
así que... FELICIDADES ÁS DÚAS.
Primeiro fixemos as tartas, moi ricas as dúas, case rematamos todo.




Ademais de cantar todo o repertorio de canción de aniversario (que cada curso vai medrando) tamen entre todos axudamos a soprar.

PARABENS NAIA
PARABENS MARTA
XA TEDES 6 ANOS!!!!




28 de abril de 2014

A Familia C de... NAIA

A familia Viaxeira, así é como se chama a familia de Naia. Veu a aula o seu avó: JORGE.
Falounos de todos os sitios nos que estivo Naia, e o que máis llle gustaba de cada un. E tamén o que menos lle gustaba...
 Vimos fotos de Naia de cando era pequena e do que fai agora dende que vive en Sigüeiro.
Agora xa forma parte da nosa  familia da aula de 5 anos B, e fixémoslle algunhas preguntas e tamén lle cantamos a nosa canción.

E como Jorge o fixo tan ben, Naia deulle o noso diploma,
 E coma sempre fixemos unha foto de grupo para ter un recordo desta visita que tanto nos gustou.

Moitas gracias familia, por visitarnos e contarnos a voso conto.

24 de abril de 2014

Saída ao MUNCYT

Hoxe saímos á Coruña,a visitar o Museo Nacional da Ciencia e a Tecnoloxía.
Era unha visita ao noso segundo museo, é claro non ten nada que ver co museo do curso pasado (Museo de Belas Artes de A Coruña) cheo de cadros. Esta vez visitamos un museo de Ciencia e Tecnoloxía, onde habia obxectos moi peculiares.
O primeiro que fixemos foi facer algúns experimentos sobre flotabilidade, nos que debíamos formular hipóteses sobre que obxectos florarían e ca les non, e despois comprobámolo. E ACERTAMOS CASE TODOS.


Tamén intentamos facer que a plastilina, que se afundía, flotase con canicas e todo...
 
Vimos o faro que estivo dentro da torre de Hércules, unha pianola, un dos primeiros ordenadores, unha locomotora, como son as películas por dentro,....



 Vimos Coches antigos, un taller para ver como son os aparellos eléctricos por dentro, e Robots que nos falaban...



E ata un avión por fóra e por dentro....




E moitas máis cousas, pero non sabemos dicir que é o que máis nos gustou porque son obxectos que non podemos atopar doadamente.
E por suposto tamén tivemos tempo de merendar.
 Se queres ver máis fotos da visita e algún video fai click aquí.