COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

9 de noviembre de 2012

MAGOSTO NO COLE

Durante toda a semana estivemos esperando este día, O MAGOSTO, o ano pasado pasarámolo moi ben, pero como chovera tivemos que comer as castañas na aula. Pero este curso o tempo acompañounos, e mentres estivemos escoitando o conto da familia de Uxía García fóra estaban preparando as castañas.

Despois da merenda chegou a hora de saír, todos estabamos preparados e un pouco nerviosos, xa que a algún de nós as castañas no nos gustan moito...Pero aínda así fumos por elas:


 E agora a comelas tranquilos no patio cuberto


 Despois de comelas, xogamos un pouco no recreo e despois entramos, pero a xornada aÍnda non rematara o mellor estaba por chegar, e nós non sabíamos nada de nada, era unha SORPRESA!!!!

1 comentario:

PAPAS DE BRANDAN dijo...

que ben o pasaron quen poidera estar ai ,asi hegou de esgotado.