COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

18 de diciembre de 2013

O Apalpador visita Sigüeiro

Hoxe estivo no noso centro o Apalpador,
algúns pais/nais, seguro que non o coñecen (aquí tedes máis información) pois é un home que ven do Courel a palpar barrigas e se comemos ben e san deíxanos castañas asadas.
Estivemos a escoitar as súas historias moi caladiños e a súas cantigas:

APALPA BARRIGA SON
APALPO A BARRIGA COA MIÑA MAN
TRAIO CASTAÑAS ASADAS

AOS NENOS E NENAS QUE COMEN SAN

Pero tamén falando, berrando, movéndonos e bailando... fixemos todo o que nos pediu, e pasámolo de cine, pareceunos moi divertido.
E ao rematar tivemos a ocasión de saudalo persoalmente.


 Gracias pola visita, ven cando queiras serás benvido!!!

3 comentarios:

Unknown dijo...

Anxo le gusto mucho,por lo que veo a todos porque se os ve muy contentos.besos

PAPAS DE BRANDAN dijo...

A BRANDAN ENCANTOULLE DE FEITO AINDA HOXE SEGUE A FALAR DEL

Mary Regueiro dijo...

Foi unha sorpresa, xa falaramos del, polo que xa sabían o que facía. Pero gustoulles tanto..., xa se lles ve nas caras.