COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

10 de abril de 2014

A brigada de Forestais visita o cole

Tanto hoxe como mañá estarán de visita unha brigada de axente forestais: a brigada 3 e técnicos forestais. Hoxe unha das sesións foi para nós.

Fomos ao salón de actos e ali falaronnos da importancia dos bosques e as súas árbores. E dun perigo: O LUME.
E para evitar o lume, os montes deberían estar ben coidados e limpos.

Xa no patio vimos o camión-motobomba que utilizan os bombeiros forestais para tratar de apagar o lume.

Falaronnos de varias formas de usar a magueira, lanzaban a auga moi lonxe, o mais preto, con moita forza ou con menos... sempre atendendo ao uso que lle queren dar. Ata nos mollaron a nós....


Foi moi divertido e aprendemos moito.
Gracias por ensinarnos que somos importantes para que non haxa tantos incendios.

No hay comentarios: