COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

Mostrando entradas con la etiqueta Reciclaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Reciclaxe. Mostrar todas las entradas

3 de diciembre de 2013

Obradoiro de Papel reciclado

Hoxe recibimos na nosa aula a : FANI, ISA e ALBA. Pertencen a asociación  ADEGA, viñeron para explicarnos como se pode facer papel reciclado.
Estivemos falando de como coidar a natureza, pero nós xa sabemos moito sobre o tema despois de traballar sobre as 3 RRR.
E de contado nos puxemos mans á obra:
1º romper en anaquiños follas de xornais:

















2º metelos nunha tina con auga
3º mezclalo ben con axuda dunha batidora, para preparar unha sopa de papel
4º Collemos unha folla na que poñemos o nome


5º Por orde, collemos moldes que sumerximos na mezcla


 6º Levámolo á mesa e dámoslle a volta encima do papel


7º Sacámoslle toda a auga


 8º E deixamos secar
 Toda unha experiencia!!!
Pero ainda non rematamos... xa veredes o resultado final.




28 de noviembre de 2013

Obradoiro: Papel reciclado

O vindeiro martes 3, ao longo da mañá, recibiremos aos expertos da ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA (ADEGA), para realizar con nós un obradoiro no que aprenderemos a facer PAPEL RECICLADO.
Estamos moi ilusionados e ilusionadas ca visita.
XA VOS CONTAREMOS!

16 de octubre de 2013

Tapóns de plástico (II)

Moitas gracias pola vosa colaboración, xa temos un montón de tapóns. Hoxe estivemos vendo como os hai de diferentes tamaños, cores, formas, ...

E despois chegou o momento de clasificalos, pero atendendo a que criterio. Así que, achegámonos ás caixas nas que os/as nosos/as compañeiros/as xa o fixeron. E nada máis chegas vimos que o criterio para clasificar era a COR. Así que nos puxemos mans á obra.



 Todos participamos, tiñamos moitos tapóns, e máis que irán chegando.....







Polo de agora só clasificamos, pero manterémosvos informados....

13 de octubre de 2013

Tapóns de plástico

Como xa sabedes, estamos a participar no proxecto Voz Natura, que organiza a Voz de Galicia.
(Se queredes saber máis sobre o proxecto só tedes que hacer click na imaxe)

Na aula comezaremos a traballar sobre as 3 RRR e sobre a reciclaxe, pero polo de agora imos a pedir a vosa colaboración solicitando tapóns de plástico, para que????, pois xa o iredes vendo....