COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

30 de enero de 2012

30 de Xaneiro: Día Escolar da Paz e a Non Violencia

Hoxe no cole, celebramos todos xuntos o Día escolar pola PAZ e a NON VIOLENCIA. A semana pasada estivemos a facer uns corazóns vermellos, parecidos aos que facía Keith Haring.
Tamén entre todas as clases de 3 anos fixemos un mural para a Pasarela pola Paz
.
E tivemos unha celebración con moitas cancións e bos desexos para todos.
.

Día escolar da Paz e a non Violencia

Hoxe día 30 de xaneiro celebramos, como cada ano, no noso colexio o DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi.

27 de enero de 2012

2º Día de préstamo

Hoxe foi o segundo día que levamos o conto para casa. E funcionou de  marabilla, xa todos sabíamos o que tiñamos que facer. Que rápido aprenden!
Agora a esperar se este conto tamén guste na casa.
Familias como vades co traballo na casa?

Xogo de Botóns

Un xogo para  copiar os modelos utilizando os botóns de cores.
Xa contaredes que tal?