COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

27 de marzo de 2012

Xa empezou a crecer a Moreira

Efectivamente, tal e como comenta a familia de Uxía Fuentes, xa comezou a brotar a Moreira atopámola nalgúns sitios:
- Nos Tilos
- No parque de Galeras en Santiago
- Na alameda, preto do estanque dos patos, en Santiago.
Por agora, todavía ten follas moi pequenas pero como as eirugas son moi pequeniñas é o que prefiren.

Sabedes dalgún lugar máis?
Moitas grazas pola vosa información.

26 de marzo de 2012

ANIVERSARIO DE UXÍA FUENTES

Hoxe está de cumple Uxía Fuentes, XA TEN 4 ANOS trouxo varias cousas para compartir con nós, levades un montón de cousas para a casa porque só comeron na aula os gusanitos.


FELIZ ANIVERSARIO UXÍA!!!

23 de marzo de 2012

ANIVERSARIO DE XIANA

Onte o cumple de Alba e hoxe o de Xiana, xa ten 4 ANOS. Celebramos a súa festa de cumpreanos e pásamolo moi ben, a súa nai fixo unha tarta de chocolate, especial para que Xiana podera comela. A que se nota que ten un ano máis?






FELIZ ANIVERSARIO XIANA!!!!

22 de marzo de 2012

Aniversario de Alba

Hoxe Alba cumpliu 4 anos, e trouxo varias cousas para compartir con nós e celebrar o seu cumpleanos.










FELIZ CUMPLE ALBA !!!!

21 de marzo de 2012

URXENTE!!!!

Precisamos follas de moreira para darlle de comer ás nosas eirugas. A árbore da moreira e así:


E as súas follas e froito e como o seguinte:





A ver se a atopades......

19 de marzo de 2012

XA TEMOS VERMES

Á volta do fin de semana atopámonos cun montón de vermes, son moi pequeniños e de cor negra. Xa temos fotos , pero ata a noite non as podedes ver.


14 de marzo de 2012

Gusanos de seda: Información

Nesta entrada irei colgando os recursos que vades enviando e algunhas que atopemos na aula. Moitas grazas imos aprender moito.
A Familia de Fátima enviounos unha nota moi chula na que nos dí que podemos atopar a comida dos vermes de seda na alameda en Santiago, e tamén trouxo un libro con moita información:


E hoxe trouxo tamén información sobre como se obtén a seda e unha palliña cunha bolboreta:



Sobre este conto imos seguir traballando: "La pequeña oruga glotona" de Eric Carle

E a familia de Teo escolleu este video:

Tamén nos trouxo un conto no que aparecen nenos coma nós que teñen que coidar unhas eirugas.

Tamén nos informou que hai un capítulo de Caillou que se chama "sorpresas y mariposas" onde se fala da metamorfose das eirugas en bolboretas, se queredes velo, pulsade aquí.

A Familia de Anxo tamén nos enviou un video sobre a Metamorfosis do Verme de seda:

A Familia de Brandrán tamén traballou moitísimo, midade:







Ademais fixeron unha recopilación por escrito do ciclo:

Tamén trouxo follas de moreira xunto con Alba:





A familia de Alba tamén traballou e traeu á aula unha composición co ciclo da bolboreta:


A familia de Lara tamén fixo o lugar onde transforman os vermes en bolboretas ¿Alguén sabe como se chaman?

O tío de Anxo tamén colaborou con este vídeo sobre a cria dos gusanos de seda:

E cun libro:

A familia de Yago G. Cotón envíounos un enlace dunha páxina moi interesante:
fai click aquí
Taménfixo un traballo sobre o ciclo das bolboretas de seda.


A familia de Desirée tamén nos enviou un enlace dunha páxina onde podemos atopar más información
pulsa aquí.
E ademais buscaron moitas imaxes en google: google

A familia de Daniel, ao igual que as anteriores, enviounos un enlace a unha páxina onde aparece unha reportaxe que nos ensina con fotos e palabras o proceso da transformación: "de Oruga a Mariposa"

A familia de Uxía García destacou unha páxina onde aparece unha bolboreta poñendo ovos. Para vela pulsa na imaxe:



Tamén trouxo uns libros moi interesantes e un traballo co ciclo das bolboretas:





O venres Xiana ademáis de estar de cumple, tamén nos trouxo unha manualidade do ciclo da bolboreta:






Despois de varios días sin poder vir á clase, veu Lucas Fernández, estivo traballando moito na casa, mirade, a súa interpretación do ciclo vital da bolboreta:

La profe Celia da aula de 4 anos B tamén nos trouxo un libro:


TEÑO NA CLASE COSAS MOI CHULAS PERO IREINAS SUBINDO POUCO A POUCO
TEDE PACIENCIA E ENSEGUIDA PODEREMOS VELAS
Algúns libros que atopamos na biblioteca do centro

9 de marzo de 2012

GUSANOS DE SEDA: PETICIÓN DE INFORMACIÓN

Como moitos sabedes xa, polo blog, na aula temos ovos de vermes/bolboretas de seda.
Imos comezar un pequeno proxecto no que o tema será este. Xa sabemos algunhas cousas, pero tamén temos moitas dúbidas, e outras irán aparecendo segundo profundicemos no tema. Así que precisamos da vosa axuda.
Gustaríanos que nos axudarades a resolver algunha das cuestións que nos formulamos, enviando material (libros, contos, documentais, imaxes, información de internet que podedes enviar por correo electrónico,...) que teñades por casa, o que podades conseguir; e tamén se coñecedes algún “experto” no tema que poida vir a escola para falarnos.
Imos traballar neste proxecto o ciclo completo así que tedes tempo para ir aportando material.
Máis adiante cando empecen a saír os vermes necesitaremos follas de moreira, gustaríame saber se sabedes algún lugar onde a podedes coller.
Moitas grazas pola vosa colaboración, xa sabedes o que disfrutan os vosos/as nenos/as participando con obxectos da súa casa e o orgullosos que se sente.
Un saúdo,
                                A titora

7 de marzo de 2012

BOLBORETAS DE SEDA

Estivemos reflexionando e con todas as aportacións, ya sabemos moitas cousas sobre elas, pero todavía se nos plantexan varias cuestións. Se se vós ocurre algunha máis, podedénola dicir.

Agora toda averigüar, investigar, preguntar..... e buscar información.

A partires de agora seremos os INVESTIGADORES DAS BOLBORETAS DE SEDA.
A primeira incógnita é:
CANTO TARDARÁN EN SAÍR OS VERMES DE SEDA DO SEU OVO?

Para que non se nos pase ningún día estamos anotando todo. Hoxe comezamos e como todavía non hay vermes rodeamos o día con cor vermella.

QUE SON? III

Son ovos de vermes de seda, ou de bolboretas de seda.

6 de marzo de 2012

QUE SON?I II

Parécenos que precisamos axuda, así que hoxe buscamos en internet fotos de todas as opcións que temos. Podedelas ver aquí a ver se sacades a mesma conclusión que nós.

ovo de araña
Ovos de mosca

Ovos de tartaruga

Ovos de galiña


Ovos de formiga

ovos de caracol

Ovos de bolboreta

Ovos de sapo