Onte lemos na clase unha carta de alguén que viña hoxe....
Todos/as os que os coñecen acertaron quen era, e hoxe tiñamos moitas ganas de chegar ao cole para escoitalos.
Son
Patri e
Alex (co seu acordeón), que veñen dunha fábrica de contos (
KALANDRA) a contarnos algunhas historias.
A primeira que contaron foi:
Un álbum ilustrado que fala das nais e todo o que poden ser...
A seguinte historia chámase: BOAS NOITES! BUFO
Aquí Patri falounos de moitos animais que non deixaban durmir a bufo, aprendendo asi, a imitar os seus sons e tamén unha canción.
Para a derradeira historia, Patri amosounos una maletal, unha gran maleta, de onde sacou a Max, pero... ¿quen é Max? Pois o protagonista desta historia:
Onde viven os mounstruos?
Como este álbum está de aniversario, cumpre 50 anos, trouxo un libro especial que fixeron na súa fábrica
Escoitamolo caladiños e ao rematar tiña unha sorpresa para nós... na maleta ainda había algo máis...
OS MONSTRUOS!!!
Pasámolo moi ben, gústanos tanto que nos veñan a contar contos... a ver cando será a vindeira vez?