COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

25 de diciembre de 2013

Felicitación na casa

Seguro que xa  todos recibístedes a  postal de Nadal, pero para aqueles que escribístedes a dirección de outra persoa, a postal que fixemos este ano foi a seguinte:


E así a fixemos...







FELICES FESTAS A TODOS!!

21 de diciembre de 2013

Máis sorpresas

Seguro que vos preguntábades para que queríamos os tarros de cristal, agora xa o sabedes.
Aínda que onte levastedes algúns traballos para casa, quedabanos algún. E seguro que con esto non contábades. E así o fixemos
1º Pegamos ben as figuras nas tapas dos tarros



2º Deixámolos secar 



3º Metemos nos tarros abelorios, purpurina, estrelas...




4º Enchemos de auga, botamos unha cullerada de glicerina e pechamos ben. Comprobamos que está ben pechado, e xa está lista para axitar e ver como cae a "neve"...










20 de diciembre de 2013

Bo Nadal

BO NADAL a todos/as. 
Hoxe comezan as vacacións de Nadal, así que disfrutar e a descansar moito.

O día que empezan as vacacións de Nadal

O derradeiro día do primeiro trimestre rematou cunha visita moi especial...
MELGASAR
Pero tamén algúns pais e nais viñeron a contarnos contos.
Comimos roscón de reis, falamos con Melgasar, xogamos, e xusto antes de marchar cando iamos coller as nosas caixas, nelas había unha sorpresa,
quen a poñería???
Se queredes ver as fotos unha a unha, facede clik aquí

19 de diciembre de 2013

VIDEOS DE FROZEN: EL REINO DE HIELO

Cando vimos na aula o video da excursión ao cine, os nenos/as pedíanme de novo ver a película completa, eso non podo facelo, pero si que busquei algún videos que hai en youtube, e aquí os tedes.




Os caraveis azuis camiño da casa

Hoxe os caraveis estaban máis azuis..

Repartímolos xunto cos traballos deste trimeste, a ver como chegaron á casa...



Polo Nadal...

Esta é a Panxoliña que estamos a aprender neste curso. E doada e ten ritmo... a ver se vos gusta?

18 de diciembre de 2013

O Apalpador visita Sigüeiro

Hoxe estivo no noso centro o Apalpador,
algúns pais/nais, seguro que non o coñecen (aquí tedes máis información) pois é un home que ven do Courel a palpar barrigas e se comemos ben e san deíxanos castañas asadas.
Estivemos a escoitar as súas historias moi caladiños e a súas cantigas:

APALPA BARRIGA SON
APALPO A BARRIGA COA MIÑA MAN
TRAIO CASTAÑAS ASADAS

AOS NENOS E NENAS QUE COMEN SAN

Pero tamén falando, berrando, movéndonos e bailando... fixemos todo o que nos pediu, e pasámolo de cine, pareceunos moi divertido.
E ao rematar tivemos a ocasión de saudalo persoalmente.


 Gracias pola visita, ven cando queiras serás benvido!!!