COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

30 de mayo de 2013

29 de mayo de 2013

INVENTO: o helicóptero

Hoxe foi o turno de Yago, tivo que explicar o helicóptero.

Tamén nos ensinou a debuxar un helicóptero con este video:

28 de mayo de 2013

O caracol cardiño

Hoxe estrenouse, por fin, o CARACCOL CARDIÑO, tiñamos moitas ganas de ensinarlle ás nosas familias o ben que o fixemos, pero estabamos moi nerviosos.








Todo saíu xenial e estabamos moi moi moi contentos.
MOITAS GRACIAS GLORIA, POR ENSIARNOS A FACER COUSAS QUE NOS GUSTAN.
MOITAS GRACIAS NELLY POR AXUDARNOS TANTO.
Podedes ver máis fotos da obra e os ensaios aquí.
(Hai algunha foto máis que irei engadindo ao longo da semana)

VISITA: Carmen nai de Marcela conta HANSEL E GRETEL

Hoxe veu á nosa clase Carmela, a nai de Marcela, para contarnos o conto: HANSEL E GRETEL.
Estivemos moi caladiños e atentos porque como dixen antes, veu a contarnos un conto non á leelo.
Despois como é habitual fixemos unha foto de grupo, e Marcela colocou o conto que fixeron na nosa biblioteca.


Aniversario de YAGO G. CASTELAO

Hoxe fixo 5 anos Yago, así que trouxo para compartir con nós un biscoito riquísimo.

















Apagamos 5 velas e repartiunos unha bolsa con chuches. Pasámolo moi ben.


FELIZ ANIVERSARIO YAGO
XA TES 5 ANOS!!!!

26 de mayo de 2013

Teatro: O caracol cardiño

RECORDADE QUE ESTE MARTES 28 TÓCANOS REPRESENTAR A OBRA O CARACOL CARDIÑO, ESTADES TODOS INVITADOS. A FUNCIÓN SERÁ ÁS 17:00 NO SALÓN DE ACTOS.
OS ACTORES E ACTRICES TEÑEN QUE ESTAR NO SALÓN DE ACTOS ÁS 16:30.


24 de mayo de 2013

INVENTO: o afialapis

Para rematar a semana, Lucas foi o encargando de falarnos do afialapis.

Aniversario de Fátima

O día 25 Fátima estatá de cumpre, pero hoxe celebrámolo na aula xa que mañá non temos clase.

















Pero antes de soprar as velas primeiro preparamos esa tarta tan rica:



 Tamén nos regalou uns osiños de gominola e uns gusanitos.

Ummm que rica estaba a tarta!!!!
Os nosos parabens Fátima!!!
FELIZ ANIVERSARIO
XA TES 5 ANOS

23 de mayo de 2013

22 de mayo de 2013

21 de mayo de 2013

Estreno: A Ratiña Presumida

Hoxe pola tarde tivemos a oportunida de ver aos nosos compañeiro de 4 anos C, coa súa obra A RATIÑA PRESUMIDA.

Fíxeronno xenial e xa temos moitas ganas de facelo nós.
Para ver máis fotos fai click aquí.

INVENTO: O submarino

Despois da ponte das Letras Galegas, hoxe é o mestre Teo, que nos vai a explicar como se inventou o submarino.

INVENTO: O carrito de bebé

O xoves tocáballe a Ibtissam explicar o seu invento, pero con tanto festexo non puido ser así que foi hoxe.
Así nos explicou Ibtissam o carrito de bebé.

20 de mayo de 2013

Día das letras galegas na aula

O día 17 de de maio celebramos en Galicia o día das Letras Galegas e non tivemos cole, pero a semana anterior fixemos algunhas actividades para entender porque se celebra ese día.
Ademais, este ano adícase a ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Estamos aprendendo algúns aspectos da súa vida e obra. O primeiro que nos chamou a atencíón foi a súa apariencia. E quixemos disfrazarnos del.
Primeiro e imprescindible buscar un gorro, que recortamos:

Segundo un nariz e un bigote, que picamos:

Probamos a ver como quedamos:

 Moi guapos pero.... e se os pegamos sobre as nosas fotos?


Quedaron xenial a que si? tamén fixemos un pin que xa o temos todos na nosa casa.

Día das letras galegas no cole

A semana pasada, pola celebración das LETRAS GALEGAS, organizáronse no cole varias actividades.
Da primeira disfrutamos o mércores 15, os nenos/as de 4º D de primaria, interpretaron para nós:
A cigarra e a formiga




 Os nosos paraben a todos os actores e actrices, e para a súa mestra Ánxeles, fixeronno xenial.
Os nenos/as de todos os 6º prepararon unha adaptación da obra "Os vellos non deben namorarse" de Castelao, e fumos a vela o xoves ao salón de actos.




 Foi tamén un gran éxito, non sabedes canto nos gustan estas cousas. Estivemos moi atentos e caladiños, porque non queríamos peder detalle.
Canto traballaron eles máis as súas profes. MOITAS GRACIAS por compartir con nós o voso traballo.