COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

24 de febrero de 2012

As nosas letras II

O xoves tiñades que enviar polos vosos/as fillos/as a folla do libro "As Nosas Letras". Imos seguir traballando con esta proposta, así que para completala pídovos que o vindeiro luns me enviedes por eles/as 4 fotos, debuxos, recortes,.... de catro cousas que comezan pola súa inicial. Despois recortarémolas na aula e plastifcaremos para asociar o nome dese obxecto ao seu nome.
Recordade que é un traballo que debedes facer con eles/as, pedídelle que digan obxectos que empezan pola súa primeira letra,... Buscadeos xuntos nunha revista, no ordenador, na casa e sacade unha foto.... Hai múltiples opcións.
Xa veredes que ben nos vai quedar o libro.
(Se tedes algunha dúbida podedes consultar a través dos comentarios, e así quedan solucionadas para todos/as)

17 de febrero de 2012

A festa de Entroido


Aqui tedes o video coas fotos da festa do Entroido, grzas aos pais/nais pola súa colaboración.

5º día semana do Entroido

Hoxe na nosa clase entraron moitos cordobeses e sevillanas, mirade que guapísimos.




E como bailaron!!!!
(pulsade no siguiente icono e podedes velo)

16 de febrero de 2012

4º día semana do Entroido

NON SABEDES O QUE PASOU HOXE!!!!!!!
Na clase non viñeron os/as meus/miñas nenos/as..... viñeron piratas, princesas, spidermans, unha ratiña presumida, Pipi Calzaslargas,......



RECORDADE
MAÑÁN TODOS DE ANDALUCES

15 de febrero de 2012

3º día semana do Entroido

Hoxe están guapísimos, todos/as coas batas de casa:

RECORDADE:

O Xoves virás disfrazado
como queiras, despois de ter almorzado.

Planeta Animado

Atopei esta páxina con xogos para os nosos/as nenos/as, e xa que temos por diante un tempo de vacación, creo que poderiades aproveitar para xogar con eles e deste xeito tamén aprender.

14 de febrero de 2012

2º día semana do Entroido

Hoxe tiñamos que traer zapatos diferentes en cada pé. Algúns trouxeron tamén a cara pintada, pois outros anos os mandatos eran acumulativos. Queredes velos? Pois aquí están:



RECORDADE :
O Mércores a bata da casa traerás.

Keith Haring IV

Hoxe finalizamos o traballo sobre outro cadro de Keith Haring. Este é o resultado:


Se queredes ver o proceso atoparédelo pulsando co rato encima da foto.

13 de febrero de 2012

1º día Semana do Entroido

Hoxe, luns todos/as os/as nenos/as tiñan que vir coa cara decorada. Aquí temos os resultados:


RECORDADE: 
O Martes vés
con zapatos diferentes nos teus pés.

10 de febrero de 2012

FALTA POUCO PARA O ENTROIDO

Xa queda pouco para celebrar no cole o Entroido, xusto unha semana.

Pero durante a semana que ven, imos a propoñer un mandado de Entroido:
O Luns traerás decorada a cara
con calquera cousa pintada.
O Martes vés
con zapatos diferentes nos teus pés.
O Mércores a bata da casa traerás.
O Xoves virás disfrazado
como queiras, despois de ter almorzado.
E o Venres porás un disfrace musical
para lucir no noso festival.

O Venres 17 os nenos/as da nosa aula teñen que vir disfrazados de andaluces, xa empezamos a ensaiar... a ver que tal nos sae. Anímadevos a vir a vernos.

8 de febrero de 2012

Cumple de Daniel





Hoxe celebramos o aniversario de Daniel, xa ten 4 anos!!!. Trouxo moitas cousas para compartir, e  disfrutamos moito coa festa.
FELIZ ANIVERSARIO DANI!

6 de febrero de 2012

Móvemonos

Entre todos estivemos falando, coloreando, traballando... sobre un cadro de Keith Haring. E un cadro que nos gusta moito sobre o que xa traballamos noutra ocasión, aquí temos todo o proceso e os resultados.

5 de febrero de 2012

Xogamos ao Dominó?

Esta vez propóñovos xogar ao dominó, na aula temos varios, pero polo de agora non saben xogar. Así que vamos a practicar un pouco no ordenador e despois xogaremos con eles na aula.
Que vós parece?
Así xogamos nós na aula:


3 de febrero de 2012

As nosas letras

Este venres os nosos alumnos/as levaron para casa unha folla do 2º libro viaxeiro, que como o anterior irá rotando polas casas.

TEDE EN CONTA:
- Cada neno ou nena levará para casa unha folla que terá que devolver o DÍA 23 DE FEBREIRO, á volta das vacacións de Antroido.
- Coidade a folla, tráta se dun traballo compartido e queremos gozalo con vós.
- Deixade que o voso fillo/a explique o que hai que facer.

Os Obxectivos son:
- Aprender a coidar o material.
- Coñecer as letras do seu nome e a orde en que hai que colocalas.