COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

30 de enero de 2013

Visita ao MUSEO DE BELAS ARTES DE A CORUÑA

Hoxe visitamos o museo de Belas Ates da Coruña. Este foi o nos primeiro contacto cos museos e vimos encantados.
Fixemos unha visita moi didáctica que serviu de aproximación ao mundo dos cadros e das esculturas. Se queredes saber máis sobre o museo podedes facer click na súa imaxe.
Tamén tedes aqui un pequeno vídeo coas fotos que sacamos.
Agora a descansar....

28 de enero de 2013

VISITA de SANDRA e ROBERTO e contan PULGACITO


Hoxe veu SANDRA, a nai de LUCAS, e ROBERTO, o seu padriño, a contarnos PULGARCITO, ou mellor dito PULGALUCAS.
Tamén trouxeron a Pulgacito e os 6 irmáns e as migas que se comían os paxaros.









Ata Lucas se puxo as botas do ogro.

Traballaron moitísimo e fixeron un conto moi chulo pero tamén un pouco delicado, así que teremos que coidalo moito se queremos velo todos.
Troxeronnos un montón de cousas: moedas de chocolate, chupas e gusanitos.
Moitas gracias familia!!!!
Así da gusto.

24 de enero de 2013

BRANCANEVES: versión de CARMEN, SANTI e SIMÓN

Hoxe veunos visitar CARMEN e SANTI, xa nos iba contando SIMÓN todo o que estaban preparando, pero ainda así gardounos algunha sorpresa. Contaron o conto "BRANCANEVES E OS 7 ANANOS"
Simón axudou a seus pais co conto, pero non só colocando as imaxes, senon que tamén tiña unhas frases neste conto. Estaba tan contento.... todo saíu perfecto.
Regalaronnos uns palotes pero tamén unhas mazás, estas non estaban envenendas e comímolas con moitas ganas.
MOITAS GRACIAS POR VIR A CONTARNOS CONTOS.
NON NOS CANSAMOS DE AGRADECERVOLO PORQUE ESE DÍA CONVERTESE NUN DÍA ESPECIAL.
GRACIAS FAMILIA!!!

19 de enero de 2013

A SEREÍÑA

Atopei unha páxina que recopila diferentes xogos sobre a Sereíña. É un pouco difícil de empezar a xogar porque hai que abrir varias ventanas pero hai moitísimos. Tedes que experimentar. ANIMO.
A xogar....

Tamén podes entrar na páxina de Disney, ali temos debuxos para colorear vídeos, música....


18 de enero de 2013

A SEREÍÑA: VISITA de EVA e XAN, pais de MATEO

Hoxe viñeron os pais de MATEO: XAN e EVA.


Contáronnos un conto moi chulo A SEREÍÑA, que inda que foi máis longo do que estamos habituados, GUSTOUNOS MOÍTISIMO.
Axudoulles MATEO e fíxeronno xenial.

Estivemos moi calados escoitando o conto, escoitando a música e vendo os títeres.
Trouxeron un cofre do tesouro con un montón de chupas, e Mateo repartíunas.

 Esta familia ademáis tamén fixo un conto para deixar na nosa biblioteca que xa ten un montón. Se facedes click nel podedes ver máis fotos da xornada.


MOITAS GRACIAS FAMILIA!!!!

O CREBANOCES

O vindeiro martes 22 as aulas de 4 anos B e C imos ao Auditorio de Galicia a ver "O CREBANOCES" xa o estivemos traballando un pouco na clase.
Recórdovos que hai que estar na escola ás 9:25 para saír inmediatamente, os nenos/as que usan o transporte escolar deberían traelos os pais para asegurarnos de estar aquí a esa hora, xa que saíremos antes de que cheguen os autobuses.

15 de enero de 2013

MÚSICA PARA RELAXARSE: O CUCO NAS PROFUNDIDADES DO BOSQUE

Esta semana estamos coa nosa segunda experiencia de música para relaxarse. Esta vez tocoulle o turno a obra: O CUCO NAS PROFUNDIDADES DO BOSQUE de CAMILLE SAINT-SAËNS.
Nesta obra podemos escoitar un clarinete e un piano, o clarinete fai de cuco e o son do piano da inmesidade do bosque (forma parte do "Carnaval dos animais")
Podedes ver esta obra no seguinte video.

Visita de CARMEN, nai de Iván, para contar PINOQUIO

Hoxe veu CARMEN, a nai de IVÁN, a contarnos o conto PINOQUIO.


Para contalo utilizou imaxes do conto, unha forma de diferente de contar os contos. Fixo un pequeno teatro coa axuda de Iván.

















Despois os compañeiros/as poideron tocar e ver os monicreques e xogar a facer teatro.


Foi moi divertido e gustounos moito.
MOITAS GRACIAS FAMILIA DE IVÁN POLO VOSO TRABALLO.

10 de enero de 2013

Visita de CRISTINA, nai de Xiana, para contar a BELA DURMINTE

Hoxe reanudamos as xornadas de contacontos das familias, coa visita de CRISTINA a nai de XIANA, que nos veu contar "A BELA DURMINTE" e como soe ser habitual encantounos.
Cristina tivo unha axudante de LUXO: XIANA que disfrutou moito colaborando coa súa nai contando o conto.
FAN UNHA PARELLA FANTÁSTICA!



 Xiana máis a súa nai quixeron compartir con nós uns palotes.
Podedes ver máis fotos da xornada aquí.

MOITÍSIMAS GRACIAS FAMILIAS POR COLABORAR CON NÓS!

9 de enero de 2013

MUSICA PARA RELAXARSE: 1ª experiencia

Onte comezamos unha experiencia nova, a ver como funciona.
Os alumnos/as escoitaron cos ollos pechados unha obra musical, neste caso:
"A MÁQUINA DE ESCRIBIR" de LEROY ANDERSON
E tiñan que debuxar o que lle parecese....
Estaban perdidísimos, non sabía o que tiñan que facer. Pero hoxe a profe xa nos explicou e todo foi diferente, incluso vivos como a tocaban. Os debuxos xa foron máis descriptivos.
Como pudo pensar alguén que se podia facer música cunha máquina de escribir?
Se queredes facer a experiencia na casa ou volvelo a ver aqui o tedes.

Esta obra utilizouse nunha película "Lío en los grandes almacenes" e tamén fixeron algunhas animacións.
Espero que disfrutedes con ela como nós.

8 de enero de 2013

Regalos de Reis no cole!!!!

Hoxe cando chegamos á aula levamos unha sorpresa....
Había regalos na clase!!! Melgasar atendeu a petición da nosa profe e os Reis Magos troxéronnos xogos.



 E, por suposto, xa tivemos que estrenalos.