COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

28 de febrero de 2013

A BELA E A BESTA: versión de Raquel e Óscar, pais de Xabi

Hoxe viñeron os papas de Xabi á nosa clase, para contarnos un conto moi divertido: A BELA E A BESTA.
Fíxeronno  moi ben e estivemos atentísimos porque aínda que é un pouco longo, a nós gustannos así os contos.
Tamén foros moi orixinais co formato, seguro que despois nos gusta moito volver a miralo e que Xabi nos explique o que pasa en cada escena.

 Como recordo regalaronnos a cada un unha careta habia dúas diferentes.

Pásamolo moi ben. Moitas gracias por vir familia e por colaborar con nós.


DESPOIS DA VISITA AO ACUARIO

Onte visitamos o Acuario da Coruña, e alí vimos un  montón de cousas sobre o mar, o que máis nos gustou en xeral foron os tiburóns porque para eso os estamos traballando. Pero tamén vimos máis cousas...
A ver canto aprendemos....
Neste xogo que tes a continuación podes demostralo.

A ver como contas peixes....

27 de febrero de 2013

De Visita no Aquarium Finisterrae


Chegou o gran día esperado, hoxe é o día. 

Saímos todos xuntiños para o autobus e enfilamos cara Coruña.
Xa chegamos ao Aquarium.















Unha vez dentro ensináronnos un montón de cousas, e propuxéronnos algúns xogos, o que máis nos gustou foi buscar un peixe vaca, a Nemo e a Dory. Sabes quen é quen?















Tamén vimos como lle daban de  comer ás focas.
E como os mergulladores lle daban de comer aos peixes no Nautilus.
Proximamente colgarei un video coas demais fotos que sacamos.

25 de febrero de 2013

Vídeos de Tiburóns

A familia de UXÍA GARCÍA, envíounos varios enlaces de contos sobre tiburóns.
Este vídeo con fotos de diferentes tipos de tiburóns, eles ya coñecen o nome de moitos, teremos que buscar como se chaman os demais.
Tamén nos enviou o enlace para buscar os nomes

Todas Las Clases De Tiburónes

Moitas gracias familia, pola vosa colaboración.

24 de febrero de 2013

Máis fotos do Entroido

O pai de Uxía García, JOSÉ MANUEL, regálanos estas fotos. 
Para poder velas facede click na seguinte imaxe.

Moitas gracias.
Disfrutádeas.

22 de febrero de 2013

Máis información sobre as QUENLLAS

Ao longo desta semana os rapaces e rapazas da aula foron traendo diferente material para seguir investigando sobre os tiburóns.
 TEO ensínanos dous libros, un que ten unhas imaxes superchulas de diferentes tiburóns e outro no que nos explica moitas curiosidades deles; tamén nos trouxo a letra dunha canción que podedes escoitar a continuación:

ALBA trouxo un  montón de información, xa veredes canto  imos a aprender.

 BIANCA tamén trouxo un libro que nos fala dos tiburóns.
 UXÍA García envíounos uns contos de tiburóns por correo electrónico, que logo trouxo, e tamén unhas imaxes moi chulas de diferentes tipos de tiburóns coa súa explicación. 
 YAGO traballou moitísimo, debeu aproveitar moi ben esos días que estivo maliño, pois se sabía moi ben todo o que neste traballo esta escrito, nas fotos non se ve moi ben pero mostra un gran traballo.

 UXÍA Fuentes tamén traballou moito pois móstranos as partes do tiburón que pouco a pouco aprenderemos, pois unha das cousas que a estes nenos/as lles gustaría saber é como é o corpo dos tiburóns.
 MARTÍN mostra moi contento un pequeno tiburón azul que MOVE a cola (Aleta caudal, que xa temos que ir aprendendo conceptos jijijij)
 BRANDÁN ademáis do que nos trouxera a semana pasada, trouxo un libro moi interesante que nos mostra como é o corpo do tiburón por DENTRO.

Con esto temos moita información e moitísimas cousas que aprender, non vós parece?
GRACIAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN

21 de febrero de 2013

TANGRAM

Xa estamos comezando a traballar co TANGRAM...
Déixovos este enlace para que poidades practicar tamén no ordenador.
Pulsade neste TANGRAM e a disfrutar....


20 de febrero de 2013

Visita de Miguel, pai de Uxía F., veu contar ALADINO

Hoxe visitounos o papá de UXÍA FUENTES, MIGUEL, para contarnos o conto:
ALADINO E A LÁMPADA MARABILLOSA.
E foi marabillosa a súa visita, encántounos o conto, todos estivemos caladiños escoitando con moita atención, para non perdernos nada de nada.











Ata tiñan unha lámpada máxica.

E cando rematou de contar o conto, aínda tiñan outra sorpresa!!!!
Un cofre dos tesouros con aneis que Uxía nos regalou.














Xa vedes que ben o pasamos.
Outro grande ÉXITO!!!!
GRACIAS FAMILIAS

17 de febrero de 2013

INFORMACIÓN SOBRE AS QUENLLAS

Antes do entroido, pedímosvos información sobre as QUENLLAS, porque imos comezar un pequeno proxecto sobre elas.
 ANXO trouxo varios libros de información e un conto dos bolechas, e varias quenllas de distintas especies.
 DANI trouxo unha enciclopedia que nos fala das quenllas.
 XIANA achegounos cunha película sobre quenllas.
BRANDÁN trouxo un libro que nos fala de animales que hai na auga e polo tanto de quenllas.
FÁTIMA comparte con nós un libro sobre quenllas.
Xa vedes que temos na aula algunhas aportacións pero esperamos máis...

15 de febrero de 2013

ANIVERSARIO DE DANIEL

Hoxe tamén celebramos o cumple de Daniel.

Estivo de aniversario o día 8, pero como xa tíñamos outra festa, a de entroido, aplazámolo para hoxe.
Dani é o primerio que cumple 5 anos.



















Fixo unha tarta deliciosa con natillas de chocolate, adornamos con lacasitos e con sugus.
Estaba tan rica que non quedou nada.



















FELIZ CUMPLE DANI!!!!
ESPERAMOS QUE O PASARAS MOI BEN NA TÚA FESTA.

14 de febrero de 2013

VISITA de RAQUEL, nai de Yago García Cotón, contános OS 7 CABRITOS

Hoxe tivemos unha visita, unha desas que máis nos gusta.... cando veñen as nosas mamás ou papás a contarnos contos.
Esta vez, tocoulle o turno a Raquel a Nai de Yago García Cotón
Veu contar: OS 7 CABRITOS E O LOBO
Necesitaba un pouco de axuda, así que Yago facía de lobo e Ibtissam de mama cabra, os demais eramos cabritos.









E comezou o conto, estabamos todos calados e facíamos o que Raquel  nos dixera coas caretas tan chulas que despois nos regalou.

Cando rematou o conto Yago repartiu uns gusanitos e fixemos a foto de grupo.
Moitas gracias familia.
Como sempre un ÉXITAZO:

8 de febrero de 2013

SEMANA DE ENTROIDO: Venres 5º mandado

Por fin chegou o día, o día do pasarrúas onde todos os nenos/as de catro anos tíñamos que vir vestidos de dálmatas.




Se fas click na imaxe anterior poderás ver todas as fotos.
Ánimate tamén a visitar a blog do cole alí hai fotos de todos os niveis, chámase novas do CEIP de Sigüeiro, engadino recentemente na lista de blogs do cole.

7 de febrero de 2013

SEMANA DE ANTROIDO: Xoves 4º mandado






Hoxe tocaba disfrazarse e todos/as o fixemos...

O XOVES ti virás
co disfrace (libre)
que che guste máis.

MÚSICA PARA RELAXARSE: O León do Carnaval dos Animains

Esta semana co motivo do antroido volvimos a escoitar un movemento do CARNAVAL DOS ANIMAIS de CAMILLE SAINT-SÄENS.
Cando o escoitamos por primeira vez algúns xa oiron o león, estaban todos/as contentos/as de adiviñar do que estaba a falar o compositor.
Podedes volvela a escoitar na casa no seguinte enlace.
Disfrutade da audición.