COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

26 de junio de 2012

Fotos de fin de curso

Onte o pai de Uxía García deixoume no cole as fotos que fixo, así que xa podedes acceder a todas as fotos que teño pulsando na siguiente foto.

24 de junio de 2012

Actuación Fin de Curso

Para o derradeiro día de clase estivemos ensaiando moito, aqui tedes o resultado, esperamos que o disfrutarades coma nós.

21 de junio de 2012

Concerto Pesdelán

Hoxe disfrutamos dun maravilloso concerto de Pesdelán, bailamos moito e o pasamos moi ben.

20 de junio de 2012

Aniversario de Ibtissam

Hoxe día 20 de xuño, está de aniversario Ibtissam, trouxo unha tarta de chocolate ríquisima para convidarnos a todos.



FELIZ ANIVERSARIO!!!!

19 de junio de 2012

Vestimenta para o festival de fin de curso

Seguro que xa tedes todos na vosa casa o papel no que informamos sobre a roupa que debemos traer o día 22 para o festival.
E diferente para nenos e para nenas así que asegurádevos de que tedes o papel correpondente.

Festa dos cumples de verán

Boas, hoxe celebramos unha gran festa... por eso non se comeron as merendas. Celebramos unha festa en honor dos nenos/as, a mestra e as coidadoras (Nelly e Marisa) que cumplen anos nos meses de verán.




FELIZ DÍA!!!!

17 de junio de 2012

Aniversarios do verán

Na nosa clase hai 5 alumnos/as, a mestra e as dúas coidadoras que cumplen anos no verán, cando non hai clase. E non van a quedar sen festa, así que o martes 19 celebraremos unha gran festa.

15 de junio de 2012

Máis xogos educativos

Estanse achegando cada vez máis as vacacións e dentro de pouco xa non estaremos xuntos, así que vou ir deixando algúns enlaces de xogos que poidan servos utiles.
O primeiro de todos é un grupo de xogos creado pola editorial SM.

11 de junio de 2012

Visita a panaderia Da Cunha en Carral

Hoxe saímos de excursión a Carral, para visitar unha panadería e aprender a facer pan. O primeiro que nos chamou a atención son todas as máquinas que utilizan para traballar. Pero se queredes ter detalles de todo, podedes ver as nosas fotos no siguiente enlace.
Tamén podedes investigar un pouco máis na súa páxina web: