COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

28 de noviembre de 2012

GARAVANCIÑO: Version da familia de Anxo

Hoxe viñeron a contarnos un conto JULIÁN e PAULA, os pais de Anxo.


 Contaronnos GARAVANCIÑO, un conto clásico e español. Que nos entusiasmou a todos. Ademais participaron os 3 e estivo moi ben. 

Xa nos trouxeron algúns adornos de Nadal, pero como eran de chocolate comímolos e tamén unhas galletas para completar a merenda do cole.
MOITAS GRACIAS POLA VISITA E POR DEIXARNOS UN CONTO TAN CHULO.
Se queredes ver máis fotos pulsade na portada do conto:
 
Non sabedes canto agradecemos a vosa visita, e seguimos esperando que veñades todos. Aínda que temos que ter un pouco de paciencia, xa que entre conto e conto nós temos traballo que facer.

26 de noviembre de 2012

ANIVERSARIO DE MARCELA

Hoxe Marcela celebrou o seu aniversario na clase.  E fixo unha nova versión da nosa tarta, xa que trouxo nata para encher o pastel. Tivemos que deixar unha parte sen nata, porque tíñamos varios nenos/as que dicían que non lle gustaba.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Quedou moi chula!!!
FELIZ CUMPLE MARCELA!!!!
XA TES 4 ANOS.
Queres ver máis fotos fai click.

25 de noviembre de 2012

22 de noviembre de 2012

O GATO CON BOTAS: versión de Raquel e Desirée

Hoxe, xoves, tivemos a visita de Raquel a nai de Desi, que veu contarnos a súa versión do conto clásico "O GATO CON BOTAS":
O conto gustounos moitísimo, estivemos moi atentos a todo:
É un conto moi divertido, a ademáis tanto Raquel coma Desirée tiveron un gran detalle, regalaronnos un debuxo do gato con botas para colorear a cada un, e Desirée escribiu o nome de cada un de nós.

Como xa é habitual: outro gran éxito.
Se queredes ver máis fotos podedes facer click no conto:
 

16 de noviembre de 2012

ANIVERSARIO DE MARTÍN

O domingo pasado, Martín estivo de aniversario, e celebrouno o venres con nós no cole.
Preparounos unha tarta moi rica con nocilla, tanto que non quedou nada.


FELIZ ANIVERSARIO MARTÍN!!!! XA TES 4 ANOS!!!!
Queres ver máis fotos de Martín preparando a súa tarta?
Fai click aquí.

14 de noviembre de 2012

A CINCENTA: versión de Mª José e Fátima

Hove Xoves 15, veu a nai de Fámita a leernos o conto "A CINCENTA".
Pero es que ademais trouxo un traxes de princesa e de príncipe para ilustrar o conto, mentres o contaba.
 



















Outro éxito máis.... pasámolo tan ben!!!
 
MOITAS GRACIAS FAMILIAS!!!
Fai click aquí para ver máis fotos

11 de noviembre de 2012

Xogo dos tres osos


Preséntovos un xogo que atopei sobre o conto que estaremos traballando esta semana.

XOGOS DO MAGOSTO

QUE DIVERTÍSDISMO!!!!
A FESTA MÁIS DIVERTIDA DE TODAS AS FESTAS DO COLE!!!
QUEREMOS MÁIS!!!
A XOGAR!!!!
Estas foron algunhas das expresións dos nosos nenos/as mentres estabamos xogando. Entenderédelo se o explico.
Mentres que nós estivemos na aula, algúns mestre/as e compañeiro/as dos maiores estiveron organizando uns xogos para nós... todos con castañas, NON SABÍAMOS QUE AS CASTAÑAS DERAN TANTO XOGO!!!
 
Podedes ver todas as fotos da xornada no seguinte enlace, fai click.

9 de noviembre de 2012

MAGOSTO NO COLE

Durante toda a semana estivemos esperando este día, O MAGOSTO, o ano pasado pasarámolo moi ben, pero como chovera tivemos que comer as castañas na aula. Pero este curso o tempo acompañounos, e mentres estivemos escoitando o conto da familia de Uxía García fóra estaban preparando as castañas.

Despois da merenda chegou a hora de saír, todos estabamos preparados e un pouco nerviosos, xa que a algún de nós as castañas no nos gustan moito...Pero aínda así fumos por elas:


 E agora a comelas tranquilos no patio cuberto


 Despois de comelas, xogamos un pouco no recreo e despois entramos, pero a xornada aÍnda non rematara o mellor estaba por chegar, e nós non sabíamos nada de nada, era unha SORPRESA!!!!

RICIÑOS DE OURO E OS 3 OSOS: versión de Sonia e Uxía García

Este venres tivemos outra visita, veu Sonia a nai de Uxía García a contarnos e ensinarnos o conto que fixeron:
 
Coma sempre estivemos moi atentos e escoitanto todo o que nos estaba contando




Hoxe foi un día especial o magosto e unha visita, ás que xa nos estamos acostumbrando e desexamos que veña a seguinte...
MOITAS GRACIAS FAMILIA DE UXÍA GARCÍA.
Pasámolo moi ben e trouxeronnos un chupa de recordo
 
Podedes ver máis fotos aquí.

6 de noviembre de 2012

Conto dos porquiños e actividades

O vídeo dos 3 porquiños que máis lles gusta aos nosos/as nenos/as.
 
Tamén atopei un conto que podedes ver e escoitar

 e unhas actividades sobre el. Espero que vos guste.

5 de noviembre de 2012

OS 3 PORQUIÑOS: Versión de Yolanda, Jose e Brandán

Ola a todos/as, hoxe tivemos, na nosa aula, a actuación estelar de Yolanda e José. Son os pais de Brandán, o noso compañeiro. Viñeron a contarnos o conto de:
OS TRES PORQUIÑOS
Pasámolo moi ben!!!! Trouxeron unha caixa onde estaban as 3 casiñas dos porquiños e agora nós tamén podemos contar así o conto. Xa veredes máis adiante o ben que o podemos facer.
E ademais regaláronnos unha frauta coma a que tocaba o porquiño pequeno, pero de caramelo, non sabedes o ben que o pasamos na clase e no recreo tocando.
En fin, outro éxito das familias.
Moitas gracias papá e mamá de Brandán
Queredes ver máis fotos: prémede aquí.