COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

28 de noviembre de 2013

Obradoiro: Papel reciclado

O vindeiro martes 3, ao longo da mañá, recibiremos aos expertos da ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA (ADEGA), para realizar con nós un obradoiro no que aprenderemos a facer PAPEL RECICLADO.
Estamos moi ilusionados e ilusionadas ca visita.
XA VOS CONTAREMOS!

26 de noviembre de 2013

A Familia C de... BRANDÁN

Hoxe veu a visitarnos YOLANDA, a nai de BRANDÁN, a amosarnos a súa familia:
A FAMILIA F
Como a familia de Martín e de Simón...

















Axudoulle un pouco Brandán, e despois de estar moi atentos fixemos algunhas preguntas. Para que todo nos quedara ben claro e entendido.
Yolanda tivo moita paciencia, e atendeu todas as nosas inquedanzas. Así que lle dimos o diploma por facelo tan ben.
Moitas gracias á Familia F de Brandán por colaborar, e facer un libro tan bonito.


Aniversario de Marcela

Hoxe MARCELA celebrou o seu aniversario con nós. Preparou unha gran tarta con nata, froita e virutas de chocolate.


















Estaba boísima e comimos toda. Axudámoslle a soprar entre todos.
E agora MARCELA xa ten 5 ANOS!!!

FELIZ ANIVERSARIO,MARCELA!!!

21 de noviembre de 2013

A Familia C de.... Xabi

Hoxe veu visitarnos Raquel e Óscar, os pais de Xabi, para presentarnos a súa familia.
Unha familia que fai moitas actividades durante a semana e tamén na fin de semana. Gustalle ir de acampada, á piscina, ir á neve,...
Despois de escoitar atentamente, comentamos e fixemos preguntas, algunhas moi interesantes que Xabi, Raquel e Óscar contestaron. Como o fixeron tan  ben recibiron das mans de Xabi o noso diploma.


MOITAS GRACIAS POR COMPARTIR CON NÓS A VOSA FAMILIA.


18 de noviembre de 2013

A familia C de.... Simón

Hoxe veu a familia de Simón, a súa nai: Carmen, o seu pai: Santi, e a súa irmá: Enma, a contarnos como é a súa familia: A FAMILIA F.

Segundo nos explicaron non era F de Fernández, nin de flautistas, nin de futbolistas, nin de fantasmas, nin de forfudos, nin de feos, nin de flacos, era F de.... a ver se estiveron atentos e poden contalo.

Como o  fixeron tan ben dímoslle o diploma:
E para rematar cantamoslle a canción da familia C e fixemos unha foto todos xuntos.

Moitas gracias familia de Simón por vir a presentarnos a vosa familia!!!
Esperamos que veñades outro día a compartir con nós un ratiño.

17 de noviembre de 2013

FESTA AZUL

Que ben o pasamos o venres!!!
Celebramos a nosa primeira festa, unha festa un pouco "especial" na que a comida e a bebida era azul, ata nós eramos azuis, porque era unha...
FESTA AZUL

15 de noviembre de 2013

Fungos e cogomelos

Hoxe tivemos un día moi especial, coa FESTA AZUL, pero e que ademais tamén veu XAN, o pai de Mateo a falarnos de fungos e cogomelos.



Explicounos como se podían distinguir uns de outros. Amosounos como eran algúns venenosos, pero tamén nos dixo que se non estabamos seguros tíñamos que supoñer que non se poden comer, xa que son perigosos. E que despois de andar con eles temos que lavar as mans.

Algo que nos encantou foi que había un que cando se cortaba en pouquiño tempo se volvía azul, en cambio outros non, e explicounos que era por entrar en contacto co aire.
Moitas gracias por compartir o teu tempo con nós.
Estas clases encantannos e estamos desexando que máis pais/nais/avós/avoas/tíos/tías.... veñan a compartir o que saben con nós.
Alguén máis se anima!!!!

11 de noviembre de 2013

A FAMILIA C...de Martín

Estiveron con nós, GLORIA e SUSO, a nai e o pai de Martín. Viñeron a presentarnos o que fan un sábado cando están todos xuntos.
Con tanta actividade estabamos algo intranquilos, pero pouco a pouco comezamos a escoitar e a prestar atención.
Que xa queríamos intervir para facer as nosas aportacións.
Ao final como o fixeron tan ben, dimoslle uns diplomas...
Foronse todos contentos e con ganas de volver outra vez...
GRACIAS FAMILIA FRANQUERO RODEIRO POR COMPARTIR A VOSA FAMILIA CON NÓS.

Aniversario Martín

Hoxe foi un día moi especial para MARTÍN, está de Aniversario e de Santo e ademais, tivemos a visita dos seus pais.
Pero comezamos polo primeiro, o seu aniversario.... para iso preparou a tarta, cunha base de cacao, natillas, pexego, e nata...

 E así nos quedou...
1, 2, 3,.... a soprar!!!!
E agora todos xuntos....


E despois de comela, toca cambiar a foto de sitio, cada vez quedan menos nenos/as con 4 anos, xa case todos temos 5.

FELIZ ANIVERSARIO, MARTÍN!!!!
XA TES 5 ANOS!!!

Traballo na casa

Este curso estiven rematando uns pequenos libros para traballar na casa. A partir de hoxe levarán cada día 3 nenos un dos libros, o primeiro e sobre o traballo dos inventos que fixemos o curso pasado:
Simplemente é para que o vexades e que o voso/a fillo  explique o  que recorde. Podedeslle ayudar poñendo o vídeo de cada un dos inventos que esta no blog.

Outro e o dos nomes e apelidos:

O traballo consiste en tratar de ler as etiquetas e colocalas no seu lugar correpondente, coñecen os apelidos dos seus compañeiros pero trátase de conseguir que lean o que está escrito.



E o último, e sobre as Maiúsculas e minúsculas, a súa grafía e correspondencia:

Sacarán as etiquetas das minúsculas e tratarán de colocalas no seu lugar.
Levarán tamén un rotulador que se pode borrar, para que podan escribir polo medio, por favor tedes que vixiar que o fagan correctamente, e cando rematen que todo quede totalmente borrado.
Este traballo e voluntario, pero eles están desexando levalos para casa. Como nas demais ocasións, só quedará na casa un día, terán que traelo ao día seguinte.

Moitas gracias pola vosa colaboración.

8 de noviembre de 2013

FELICITACIÓN

Non era sen tempo!!!
Hoxe 4 dos nenos/as que xa cumpriron anos este curso, levaron a postal de felicitación e de recordo de todos, coas fotos das 3 festas de aniversario que celebramos na aula. Así podemos ver canto medraron.... uff! ainda parece que foi onte que nos coñecimos e xa medraron tanto....


6 de noviembre de 2013

Naia, xa está aquí

Preséntovos a Naia a nosa nova compañeira, estaba un pouco nerviosa. Pero estivo moi protexida por todos vós, con ganas de ensinarlle onde está todo e como acostumamos a facer. Que tal o pasaría ela?

5 de noviembre de 2013

NOVA INCORPORACIÓN

Temos unha sorpresa para mañá.
IMOS TER UNHA NOVA COMPAÑEIRA!!!
O seu nome e NAIA,
e esperámola cos brazos  abertos.

4 de noviembre de 2013

FAMILIA C de... UXÍA G.

Hoxe veu Sonia, a nai de Uxía G., que se colocou a súa beira para axudarlle, a explicarnos con todo detalle como é a súa familia.
Todos escoitamos e miramos as fotos que nos amosaron para ver se é semellante á nosa familia.
E como o fixo tan ben decidimos darlle o noso diploma.
Moitas gracias por vir a falarnos da vosa familia!!