Como moitos sabedes xa, polo blog, na aula temos ovos de vermes/bolboretas de seda.
Imos comezar un pequeno proxecto no que o tema será este. Xa sabemos algunhas cousas, pero tamén temos moitas dúbidas, e outras irán aparecendo segundo profundicemos no tema. Así que precisamos da vosa axuda.
Gustaríanos que nos axudarades a resolver algunha das cuestións que nos formulamos, enviando material (libros, contos, documentais, imaxes, información de internet que podedes enviar por correo electrónico,...) que teñades por casa, o que podades conseguir; e tamén se coñecedes algún “experto” no tema que poida vir a escola para falarnos.
Imos traballar neste proxecto o ciclo completo así que tedes tempo para ir aportando material.
Máis adiante cando empecen a saír os vermes necesitaremos follas de moreira, gustaríame saber se sabedes algún lugar onde a podedes coller.
Moitas grazas pola vosa colaboración, xa sabedes o que disfrutan os vosos/as nenos/as participando con obxectos da súa casa e o orgullosos que se sente.
Un saúdo,Imos comezar un pequeno proxecto no que o tema será este. Xa sabemos algunhas cousas, pero tamén temos moitas dúbidas, e outras irán aparecendo segundo profundicemos no tema. Así que precisamos da vosa axuda.
Gustaríanos que nos axudarades a resolver algunha das cuestións que nos formulamos, enviando material (libros, contos, documentais, imaxes, información de internet que podedes enviar por correo electrónico,...) que teñades por casa, o que podades conseguir; e tamén se coñecedes algún “experto” no tema que poida vir a escola para falarnos.
Imos traballar neste proxecto o ciclo completo así que tedes tempo para ir aportando material.
Máis adiante cando empecen a saír os vermes necesitaremos follas de moreira, gustaríame saber se sabedes algún lugar onde a podedes coller.
Moitas grazas pola vosa colaboración, xa sabedes o que disfrutan os vosos/as nenos/as participando con obxectos da súa casa e o orgullosos que se sente.
A titora
1 comentario:
Grazas pola vosa colaboración, estoy preparando o material quue me estades enviando, pronto poderemos consultalo dende a blog
Publicar un comentario