Hoxe visitounos Virginia, a nai de Bianca, veu a contarnos "A princesa e o chícharo".
Foi un conto que moitos de nós nos coñecíamos, así que estivemos moi atentos, como dicimos sempre: cos ollos moi abertos e as olleras preparadas para escoitar.
E por suposto moi caladiños para escoitar ben, moi ben.
Bianca regalounos uns pequenos chícharos, pero de chocolate e de cores.
Moitas gracias de novo, pola vosa colaboración. Sen a vosa visita os contos non serían os mesmos.
1 comentario:
Como lles gustou o conto e sobre todo os lacasitos que viñeron despois.
Publicar un comentario