Hoxe para celebrar o día do libro viñeron os compañeiros de 6º A a contarnos un conto "Unha parella diferente".
Un conto moi bonito que fala dun crocodilo e unha xirafa que son parella eainda que son diferentes xuntos poden facer moitas cousas.
Ademais de contarnos o conto regaláronnos uns marcapáxinas coa forma dos protagonistas co conto.
Estamos felices porque é a segunda vez que veñen á nosa clase, así que xa estamos argallando o que podemos facer para que lles podamos dar unha sorpresa.
MOITAS GRACIAS COMPAÑEIROS.
1 comentario:
seguro que atopades algo divertido para sorprendelos
Publicar un comentario