COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

13 de mayo de 2013

Coeducación

Esta actividade está organizada pola Mancomunidade de Concellos de Ordes.
Pepa veu á nosa aula para falarnos da coeducación.
Na 1ª sesión falamos dun conto: O libro dos porcos


 Despois de escoitar este conto falamos sobre as tarefas que podemos facer nós e axudar na casa a mamá e papá. Ainda que ás veces non queren que axudemos porque nos leva un máis tempo, pero animounos a dicir: "Tengo que aprender".

Na 2º sesión falamos de que somos iguais e somos diferentes.
  Falamos das cousas que nos diferenciaban dos demais e as que nos fan iguales uns a outros.
 Tamén nos ensinou vestimentas de persoas de outros paises; ainda que para nós poden parecer raras son comúns nos seus lugares de orixe.


Despois das dúas sesións esperamos que os nosos/as nenos/as sexan máis tolerantes coas persoas que son diferentes e que axuden ás súas familias nas casas.
XA NOS CONTAREDES.

1 comentario:

PAPAS DE BRANDAN dijo...

pareceme un traballo fantastico.