Ao longo de varias semanas estivemos traballando con diferentes tipos de planos, onde aprendimos como se representan as portas, as ventanas, as paredes, e os obxectos que hai en cada estancia. Fixemos a representación da aula e logo cada un debuxou o plano do piso, duplex ou casa na que viven.
Pero a semana pasada veu á aula, Óscar, o pai de Teo, para falarnos dos planos.
Amosounos os verdadeiros planos, e como se facían fai anos (con regra, escuadra, cartabón, compás e escalímetro, que tivemos ocasión de tocar)
E como se fan os planos agora. El utiliza un programa que se chama AUTOCAD e entre todos fixemos o plano dun salón.
Tamén nos regalou unhas pinturas e deixou na aula uns folios para facer neles planos. Como o día anterior estiveramos escribindo o que cada un ten no seu salón...
O martes debuxamos os planos, quedaron xenial!!!
Este é un exemplo do resultado....
1 comentario:
Que maravilla ,que ben o facedes ,parecedes uns arquitectos de verdade.
Publicar un comentario