COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

17 de marzo de 2014

Familia C de... Anxo

Esta vez foi a quenda da familia de Anxo, Paula e Julián, viñeron ao cole co conto da súa familia moi preparado.

Primeiro Paula e Anxo, nos amosaron como comezou a súa familia e como eran Anxo e máis o seu irmá Julián de bebés. O que lles gusta facer xuntos o que fan despois do cole, e a onde saen cando teñen varios días libres.
Había moitas preguntas que foron constestando para non quedarnos con inquedanzas.
E como xa é habitual tocou o turno da nosa canción, na que hoxe non puxemos moito interese, sería porque levabamos tempo sen cantala. E despois Anxo preparou os diplomas, un para cada un.
E xa para rematar fixemos unha foto todos xuntos.
Moitas gracias familia, gustounos moita a vosa visita e a vosa historia.
Voltade outro día!!!

1 comentario:

PAPAS DE BRANDAN dijo...

creo que o fixestedes moi ben ,dixome Brandan