COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

29 de mayo de 2014

Familia C de... Marta

Fíxose esperar pero por fin a Familia de Marta veu a contarnos o seu conto. Aproveitaron que hoxe era festivo en Santiago para achegarse.
Falaronnos sobre Marta, o que lle gusta e o que non lle gusta, vimos moitas fotos máis pequena pero xa se parecía á nena que temos agora na clase.
E como estivemos moi atentos esta vez xa non fixemos tantas preguntas, e despois cantamos a nosa canción.
Como o fixeron tan ben... Marta deulles o noso diploma.
Por último, colocámonos para unha gran foto de grupo, para que nos quede de recordo deste día.
Moitas gracias CLARA e MANUEL por facer este esforzo, e amosarnos un pouco máis da vosa familia, a familia de MARTA.

Xa nos queda só tres familias, a ver se podedes vir, xa sabedes que nos gustaría moito e xa non queda nada.

1 comentario:

PAPAS DE BRANDAN dijo...

Que contentos se vos ve a todos ,notase que vos gusta recibir visitas.