Xa nos quedan menos e hoxe veu falarnos da súa familia, CARMELA, a nai de MARCELA.
Falounos sobre como era a vida de Marcela e a súa nai cando non están no sole.
Das cousas que lle gustan e o que non lle gusta tanto, e mentres nós moi atentos e interedados en coñecer un pouco máis á nosa compañeira.
Chegou o momento de facer preguntas, e ainda que algunhas se repetiron, outras foron máis orixinais.
Carmela amosounos as ilustracións do seu conto, feitos por Marcela.Despois de cantar a nosa canción. Fixemos a foto de rigor, todos xuntos.
MOITAS GRAZAS FAMILIA POR VIR A CONTARNOS O VOSO CONTO.
É XENIAL COMPARTIR ESTE TEMPO CON VÓS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario