Preséntovos a Naia a nosa nova compañeira, estaba un pouco nerviosa. Pero estivo moi protexida por todos vós, con ganas de ensinarlle onde está todo e como acostumamos a facer. Que tal o pasaría ela?
COMO CAMBIAMOS....
ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS
6 de noviembre de 2013
5 de noviembre de 2013
NOVA INCORPORACIÓN
Temos unha sorpresa para mañá.
IMOS TER UNHA NOVA COMPAÑEIRA!!!
O seu nome e NAIA,
e esperámola cos brazos abertos.
4 de noviembre de 2013
FAMILIA C de... UXÍA G.
Hoxe veu Sonia, a nai de Uxía G., que se colocou a súa beira para axudarlle, a explicarnos con todo detalle como é a súa familia.
Todos escoitamos e miramos as fotos que nos amosaron para ver se é semellante á nosa familia.
E como o fixo tan ben decidimos darlle o noso diploma.
Todos escoitamos e miramos as fotos que nos amosaron para ver se é semellante á nosa familia.
E como o fixo tan ben decidimos darlle o noso diploma.
Moitas gracias por vir a falarnos da vosa familia!!
31 de octubre de 2013
Samaín e Magosto (2ª Parte)
Despois de celebrar un pouco o samaín chegou a queda das castañas, preparámonos todos cos envases para ir a buscalas.
E chegou o momento de disfrutar, cantando, comendo, xogando,...
Este ano organizaronse xogos populares de colaboración cos que disfrutamos moito.
E chegou o momento de disfrutar, cantando, comendo, xogando,...
Este ano organizaronse xogos populares de colaboración cos que disfrutamos moito.
30 de octubre de 2013
Samaín e Magosto
Hoxe no cole celebramos dúas festividades por un lado o Samaín e por outro o Magosto.
Esta semana algúns nenos/as trouxeron da casa unhas cabazas decoradas co tema da Biblioteca de este ano: Científicos e Inventores. Moitos de vós trouxéstedes cabazas relacionadas co invento que explicástedes o curso pasado, e estivo xenial:
Tamén visitamos as feitas polos compañeiros/as:
Pero tamén nos debuxamos cun disfraz de medo:
29 de octubre de 2013
A FAMILIA C de.... Teo
Hoxe, por fin veu Laura, despois de algúns días NOS non podíamos, e despois de facerse esperar chegou a nai de Teo para explicarnos como era a súa familia.
Tiñamos un montón de preguntas, así que Laura atendeunas con moita paciencia. Vimos que había nalgunhas cousas que se parecen a nós, pero noutras non. Sabíades que a Teo lle gustaba ver documentais???
E.... como nos explicou tan ben a familia de Teo decidimos darlle un diploma.

MOITAS GRACIAS POR ABRIRNOS UNHA VENTÁ CARA Á VOSA FAMILIA.
28 de octubre de 2013
A FAMILIA C de.... LUCAS
Hoxe visitounos Sandra, a nai de Lucas, para presentarnos a súa familia.
Lucas estaba moi atento para axudar á súa nai en cada momento, cando o precisase.
Amosounos moitos aspectos da súa familia, e como Sandra o fixo tan ben, decidimos darlle un diploma.
Lucas estaba moi atento para axudar á súa nai en cada momento, cando o precisase.
Amosounos moitos aspectos da súa familia, e como Sandra o fixo tan ben, decidimos darlle un diploma.
GRACIAS POR COMPARTIR A VOSA FAMILIA CON NÓS.
17 de octubre de 2013
Un Lío de cordones
Como todos os día, hoxe limos un conto, pero o de hoxe foi un conto especial:
Para a semana ensinaremos os lazos dos demais compañeiros/as.
Todos/as nós estamos un pouco cansos dos zapatos de cordóns, igualiño que Laura.
Algúns xa sabemos atalos, aínda que temos que mellorar a técnica e outros queremos aprender.
Así que hoxe uns poucos comezamos a facer lazadas, e para a semana tocará aos demais.
Seguimos as indicacións que hai no final do conto. É un pouco complicado pero con paciencia aprenderemos.
Para a semana ensinaremos os lazos dos demais compañeiros/as.
16 de octubre de 2013
A FAMILIA C
Xa algúns das nosas familias está a preparar a súa versión do conto
Estamos desexando coñecer o voso traballo. A vindeira semana estrearémonos...
QUE GANAS!!!
SORPRESA!!!
Hoxe Xiana trouxonos unha sorpresa. O día anterior preguntou se podía traelo.
Así que hoxe trouxo un.......
UN NIÑO
Estivemos observando de que esta feito, e como debería ser o paxaro que o fixo, pero só puidemos facer conxecturas, xa que ninguén nos podía responder, necesitamos un experto en paxaros ou polo menos en niños. Se alguén pode decirnos algo máis, agradeceríamolo.
Tamén nos acordamos dun conto, que nos contou Patri cando fumos á galería Sargadelos: NIÑOS
Pero non nos axudou a responder as nosas inquedanzas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)