Hoxe viñeron á nosa aula: Miguel e Elena, os pais de Uxía Fuentes, para presentarnos a súa familia.
Estivemos moi moi atentos, porque..... foi Uxía quen leu o conto. Si, si a mesmiña Uxía da nosa clase.
Amosounos onde durmía, que almorzaba, onde traballan os seus pais,... pero aínda quedaban dúbidas así que ali estaban os seus compañeiros/as para facer as preguntas pertinentes. E así enterámonos dun segredo, pero non se pode dicir que non saia de aquí a Uxía non lle gusta comer moito.
Como o fixeron tan ben Uxía repartiu os diplomas:
Xa sabemos máis cousas sobre a familia de Uxía, e ¡como nos gusta!
MOITAS GRACIAS ELENA, MIGUEL E UXÍA, POR VISITARNOS E COMPARTIR A VOSA FAMILIA CON NÓS.