Hoxe recibimos na nosa aula a :
FANI,
ISA e
ALBA. Pertencen a asociación
ADEGA, viñeron para explicarnos como se pode facer papel reciclado.
Estivemos falando de como coidar a natureza, pero nós xa sabemos moito sobre o tema despois de traballar sobre as
3 RRR.
E de contado nos puxemos mans á obra:
1º romper en anaquiños follas de xornais:
2º metelos nunha tina con auga
3º mezclalo ben con axuda dunha batidora, para preparar unha sopa de papel
4º Collemos unha folla na que poñemos o nome
5º Por orde, collemos moldes que sumerximos na mezcla
6º Levámolo á mesa e dámoslle a volta encima do papel
7º Sacámoslle toda a auga
8º E deixamos secar
Toda unha experiencia!!!
Pero ainda non rematamos... xa veredes o resultado final.