COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

16 de junio de 2014

Familia C de... LARA

Ya estamos rematando o curso, e hoxe tocoulle á familia de LARA. Veu a súa nai LUCÍA e a súa irmá DANIELA.
Estiveron con nós falándonos da súa familia e dun día especial no que estiveron todos xuntos e foron a ver OS DINOSAURIOS.
Había de todo: fotos, debuxos feitos por Lara.... vamos que estivemos caladiños mirando un bo anaco.

E Daniela tamén, atendendo por si ela ten que facelo algunha vez.
Despois de facer todas as preguntas pertinentes sobre a familia de Lara, entregamoslle o noso Diploma e tamén lle cantamos a canción.
Pasamos un bo día con LUCÍA E DANIELA.

 MOITAS GRAZAS POR VISITARNOS E ACHEGAR A VOSA FAMILIA AO COLE! 

12 de junio de 2014

Excursión en Tren a Vilagarcía

A estas alturas xa todos/as saberedes o ben que o pasamos nesta saída. 
Foron moitas emocións nun só día, primeiro non chegan os autobuses, despois non sabiamos se chegaríamos á hora á estación de tren,... pero ao final do día, todo saíu como estaba programado.

 Chegamos a Vilagarcía e dende ahí rumbo ao Centro Comercial.
 Para chegar a Camelot Park. E ali só nos dedicamos a pasalo xenial, comer e volver a xogar.


 Non fai falta explicar nada máis, só nos temos que fixar nas súas caras.

Foi un día xenial!!!

11 de junio de 2014

EXHIBICIÓN DE CAPOEIRA

Tamén tivemos unha visita especial, viñeron ao cole DEIVID e ANA de  Grupo Cativeiro Capoeira.
 Son expertos en capoeira e viñeron  a facer unha exhibición.

Amosaronnos a seguir o ritmo cas palmas e así animalos a facelo mellor.


 Estivemos observando moi atentos todo o que facía, gustounos os bailes, a loita, as elevacións, e as piruetas. Gustounos TODO. Ficamos abraiados mentres practicaban capoeira.
Pero e que ademais nos deixaron participar:

Pero se queredes ver máis fotos, aquí podedes velas.

A Familia C de... Marcela

Xa nos quedan menos e hoxe veu falarnos da súa familia, CARMELA, a nai de MARCELA. 
 Falounos sobre como era a vida de Marcela e a súa nai cando non están no sole.
Das cousas que lle gustan e o que non lle gusta tanto, e mentres nós moi atentos e interedados en coñecer un pouco máis á nosa compañeira.
Chegou o momento de facer preguntas, e ainda que algunhas se repetiron, outras foron máis orixinais.
 Carmela amosounos as ilustracións do seu conto, feitos por Marcela.
Despois de cantar a nosa canción. Fixemos a foto de rigor, todos xuntos.
MOITAS GRAZAS FAMILIA POR VIR A CONTARNOS O VOSO CONTO.
É XENIAL COMPARTIR ESTE TEMPO CON VÓS.

2 de junio de 2014

Plantamos....

Durante o segundo trimestre plantamos tulipáns, é xa para rematar este curso, os nenos/as das aulas de 3 e 4 anos plantaron nunhas botas para adornar o cole. 

 

E agora nós utlizamos uns areeiros que xa non usábamos para plantar xeranios e caléndulas (tagetes).

Os pasos a seguir foron os seguintes:
1º Facemos un burato:
  
 2º Colocamos a planta:
 3º Botamos terra:


 4º Regamos

E así nos quedou....

GÚSTAVOS?


29 de mayo de 2014

Familia C de... Marta

Fíxose esperar pero por fin a Familia de Marta veu a contarnos o seu conto. Aproveitaron que hoxe era festivo en Santiago para achegarse.
Falaronnos sobre Marta, o que lle gusta e o que non lle gusta, vimos moitas fotos máis pequena pero xa se parecía á nena que temos agora na clase.
E como estivemos moi atentos esta vez xa non fixemos tantas preguntas, e despois cantamos a nosa canción.
Como o fixeron tan ben... Marta deulles o noso diploma.
Por último, colocámonos para unha gran foto de grupo, para que nos quede de recordo deste día.
Moitas gracias CLARA e MANUEL por facer este esforzo, e amosarnos un pouco máis da vosa familia, a familia de MARTA.

Xa nos queda só tres familias, a ver se podedes vir, xa sabedes que nos gustaría moito e xa non queda nada.

26 de mayo de 2014

Aniversario de Fátima

Hoxe tocou celebrar o cumple de Fátima, trouxo uns ingredientes fantásticos para preparar unha torta riquísima, da que os seus invitados non deixaron nada de nada.

 Despois de elaborar a torta cantamos todas as nosas cancións de Aniversario, e xa sopramos as velas.
Todos se sumaron a esta celebración.
PARABENS FÁTIMA,
XA TES 6 ANOS!!!!