Pero durante a semana que ven, imos a propoñer un mandado de Entroido:
O Luns traerás decorada a cara
con calquera cousa pintada.
O Martes vés
con zapatos diferentes nos teus pés.
O Mércores a bata da casa traerás.
O Xoves virás disfrazado
como queiras, despois de ter almorzado.
E o Venres porás un disfrace musical
para lucir no noso festival.
O Venres 17 os nenos/as da nosa aula teñen que vir disfrazados de andaluces, xa empezamos a ensaiar... a ver que tal nos sae. Anímadevos a vir a vernos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario