COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

24 de febrero de 2012

As nosas letras II

O xoves tiñades que enviar polos vosos/as fillos/as a folla do libro "As Nosas Letras". Imos seguir traballando con esta proposta, así que para completala pídovos que o vindeiro luns me enviedes por eles/as 4 fotos, debuxos, recortes,.... de catro cousas que comezan pola súa inicial. Despois recortarémolas na aula e plastifcaremos para asociar o nome dese obxecto ao seu nome.
Recordade que é un traballo que debedes facer con eles/as, pedídelle que digan obxectos que empezan pola súa primeira letra,... Buscadeos xuntos nunha revista, no ordenador, na casa e sacade unha foto.... Hai múltiples opcións.
Xa veredes que ben nos vai quedar o libro.
(Se tedes algunha dúbida podedes consultar a través dos comentarios, e así quedan solucionadas para todos/as)

2 comentarios:

Mary Regueiro dijo...

Na clase estivemos buscando obxectos ca primeira letra dos seus nomes, espero que recordan algunha....

YOLI dijo...

ESTAMOS MOI INTRIGADOS CO VOSO NOVO TRABALLO AINDA QUE TEMOS MOI CLARA QUE BRANDAN LEVA DUAS N, POLO DE AGORA E O UNICO QUE NOS DI.