Unha nota que nos invitaba a buscar un cadro determinado onde tiña que haber margaridas. Pero antes de comezar a búsqueda, a clase de 6º E.I. A veu visitarnos, e nós xa estabamos preparados:
para comezar a regalarlles a papula que fixemos e tamén un conto:
E despois todos nunha gran roda cantamos a canción da primavera.
Cando rematamos comezamos a buscar polas portas das aulas, tendo en conta as indicación da nota.
A que se refería a nota era:
"O ramo da amizade" de Picasso
Chamamos á porta da aula de 5ª E.I. C e ali estaban esperándonos cunhas fermosas margaridas coas que nos agasallaron.
Tamén nos regalaron un libro: A galiña Roxa:
Moi interesante no que se cociña pan.
E como nesta aula son todos grandes cociñeir@s tamen probamos a súa e-tapa de hoxe: a "ensaimada"
Todos tiñamos a nosa flor e a barriga un pouco máis chea
Aquí estamos diante da súa porta coa nosa margarida feita coas mans dos nenos/as da aula de 5º E.I. C
Cantamos no Salón de Actos a canción de "A PRIMAVERA" con Gloria.
E despois bailamos no patio:
Foi un día moi especial no que todas as aulas traballaron moito, preparando con moito coidado cadros e flores. E o mellor que e o pasamos fenomenal.
Podedes atopar máis fotos e máis información nos blogs das compañeiras pero sobre todo en:- Madilón azul
- Eu cociño ti cociñas?
1 comentario:
que festa mais chula ,nos tamen queriamos ir
Publicar un comentario