Como o curso pasado, este ano dende a Mancomunidade de Ordes, veu Cruz a falarnos sobre IGUALDADE.
Esta vez vai estar con nós 3 días. E hoxe foi o primeiro.Antes de empezar a falar, estivemos debuxando como eran para nós as princesas.
Despois sentamos na alfombra e falamos sobre como son as que nós coñecemos, que facían, que roupa usaban, onde vivían,...
E Cruz contounos un conto moi divertido: "Unha princesa diferente" á que lle gustaba subir ás árbores, acampar, montar en moto, e non precisaba de ningún príncipe, porque non estaba en perigo. E estivemos debuxando e explicando como podería ser esa princesa
Voltamos á alfombra e cada un explicou o que debuxou, eque farían...Deixounos un traballo para o vindeiro xoves, que xa todos tedes na casa....
De que nos falará esta vez?
1 comentario:
e estupendo o que estades a facer ,haber a min como me sale o conto.
Publicar un comentario