Era unha visita ao noso segundo museo, é claro non ten nada que ver co museo do curso pasado (Museo de Belas Artes de A Coruña) cheo de cadros. Esta vez visitamos un museo de Ciencia e Tecnoloxía, onde habia obxectos moi peculiares.
O primeiro que fixemos foi facer algúns experimentos sobre flotabilidade, nos que debíamos formular hipóteses sobre que obxectos florarían e ca les non, e despois comprobámolo. E ACERTAMOS CASE TODOS.
Tamén intentamos facer que a plastilina, que se afundía, flotase con canicas e todo...
Vimos o faro que estivo dentro da torre de Hércules, unha pianola, un dos primeiros ordenadores, unha locomotora, como son as películas por dentro,....
E ata un avión por fóra e por dentro....
E moitas máis cousas, pero non sabemos dicir que é o que máis nos gustou porque son obxectos que non podemos atopar doadamente.
E por suposto tamén tivemos tempo de merendar.
Se queres ver máis fotos da visita e algún video fai click aquí.
1 comentario:
Que excursion mais interesante ,a Brandan encantoulle
Publicar un comentario