COMO CAMBIAMOS....



ANÍMATE A DEIXAR OS TEUS COMENTARIOS

7 de abril de 2014

Taller de Igualdade

Como o curso pasado, este ano dende a Mancomunidade de Ordes, veu Cruz a falarnos sobre IGUALDADE.
Esta vez vai estar con nós 3 días. E hoxe foi o primeiro.
Antes de empezar a falar, estivemos debuxando como eran para nós as princesas.

Despois sentamos na alfombra e falamos sobre como son as que nós coñecemos, que facían, que roupa usaban, onde vivían,...

E Cruz contounos un conto moi divertido: "Unha princesa diferente" á que lle gustaba subir ás árbores, acampar, montar en moto, e non precisaba de ningún príncipe, porque non estaba en perigo. E estivemos debuxando e explicando como podería ser esa princesa
Voltamos á alfombra e cada un explicou o que debuxou, eque farían...
Deixounos un traballo para o vindeiro xoves, que xa todos tedes na casa....
De que nos falará esta vez?

1 comentario:

PAPAS DE BRANDAN dijo...

e estupendo o que estades a facer ,haber a min como me sale o conto.